Trasladan ao hospital a catro persoas por inhalar fume durante un incendio en Bueu

Segundo informou o 112, tres membros dunha familia e un axente da Garda Civil resultaron afectados polo fume do lume rexistrado este sábado nun piso da Avenida de Marín, no Concello de Bueu
 


|

Bomberos 2
Bombeiros 2

 

 

Catro persoas foron trasladadas ao hospitral por inhalación de fume tras producir un incendio nunha vivenda do municipio pontevedrés de Bueu.

Segundo informou o 112, tres membros dunha familia e un axente da Garda Civil resultaron afectados polo fume do lume rexistrado este sábado nun piso da Avenida de Marín, no Concello de Bueu.

O servizo recibiu o aviso ás 6.45 horas, cando un particular avisou de que un piso estaba a arder e de que no interior había persoas tentando saír.

Tal e como relataba, un dos veciños do terceiro piso atopábase en dificultades para abandonar a vivenda debido á intensa presenza do fume, que entraba no domicilio cada vez que abría a porta.

Desde o 112 mobilizáronse ao 061, aos Bombeiros do Porriño e de Pontevedra, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como a efectivos de Protección Civil da zona.

Tras finalizar a súa intervención, os bombeiros informaron de que ardeu por completo unha habitación da vivenda afectada e que o resto do piso sufriu importantes danos pola calor e a auga. Ademais, outros pisos do edificio víronse afectados polo fume acumulado.

Dos trasladados, unha muller de 36 anos e unha menor foron derivadas ao Hospital Provincial de Pontevedra, mentres que o home e o axente da Garda Civil, ambos de 41 anos, foron trasladados ao Hospital Universitario Montecelo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE