Diego Calvo, conselleiro, e Natalia Prieto, directora xeral, casan
O número dous da Xunta e do PP é conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes. Un departamento do que depende a dirección xeral de Administración Local, que comanda Natalia Prieto Viso.
A directora xeral de Admnistración Local publicou esta mañá na súa Instagram as fotos da súa voda co conselleiro Diego Calvo Pouso. "Cada familia ten a súa historia...benvidos á nosa ❤️" escribió Natalia Prieto Pouso.
Dáse a circunstancia que ambos comparten departamento na Xunta. A dirección xeral de Administración Local depende da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que comanda o tamén número dous do PP galego e líder do PP da Coruña, Diego Calvo.
Segundo dedúcese da publicación da ourensá Natalia Prieto, a voda tivo lugar na Leira Mostequeiro. Trátase dun establecemento de Perillo, Oleiros, con capacidade para até 400 invitados. Faro indica que a celebración tivo lugar o 14 de xuño, hai dúas semanas.
Traxectoria de Diego Calvo e Natalia Prieto
Natalia Prieto Viso, nacida en Ourense en 1979, é unha funcionaria e alta cargo da Xunta de Galicia. Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo, ingresou en 2006 no corpo de xestión da Administración Civil do Estado e, desde 2009, é funcionaria de carreira do corpo superior da Xunta de Galicia.
Desempeñou diversos roles nas consellerías de Economía e Industria, Traballo e Benestar, Presidencia, e en Augas de Galicia. Entre 2012 e 2020, foi directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, e desde setembro de 2020, ocupa o cargo de directora xeral de Administración Local. É militante do PPdeG.
Diego Calvo Pouso, nacido en San Sadurniño (A Coruña) en 1975, é un destacado político español do Partido Popular (#PP), e licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal, e máster en Desenvolvemento Local e Comarca.
Leva toda unha vida en política. Iniciou a súa traxectoria en Novas Xeracións do PP, organización que presidiu a nivel autonómico. Foi deputado no Parlamento de Galicia desde 2003 até 2009, ano en que asumiu como delegado territorial da Xunta na Coruña.
Entre 2011 e 2015, presidiu a Deputación da Coruña e foi concelleira en Ferrol. Desde 2008, é secretario xeral do PP na provincia da Coruña. En 2022, foi nomeado vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, ascendendo a vicepresidente primeiro en 2023.
Escribe o teu comentario