A forza da marea tamén se divide en Pontevedra

En Ferrol xa hai dúas candidaturas saídas do grupo que goberna a cidade. Agora en Pontevedra o espazo de confluencia tamén se racha. Podemos arremete contra En Marea por apoiar a unha "parte" da confluencia nun novo capítulo do enfrontamento entre o partido morado e Luís Villares.


|

En Ferrol, xa hai dúas candidaturas saídas do grupo que goberna a cidade. Agora en Pontevedra o espazo de confluencia tamén se racha. Podemos arremete contra En Marea por apoiar a unha "parte" da confluencia nun novo capítulo do enfrontamento entre o partido morado e Luís Villares.


LUÍS REI MAREA PONTEVEDRA

Luís Rei, candidato a alcalde de Marea de Pontevedra


O círculo de Podemos na localidade de Pontevedra criticou á dirección de En Marea e ao seu portavoz, Luís Villares, aos que acusa de "non contar co resto de partidos" e mostrar "un apoio parcial e explícito a unha soa parte" do rupturismo na capital pontevedresa.


Podemos Pontevedra emitiu un comunicado este venres, un día máis tarde de que, o pasado xoves, membros da coordinadora do partido instrumental, incluído Villares, participasen nun acto con Marea Pontevedra.


Pola súa banda, desde Marea Pontevedra, acusouse aos morados de promover o minifundismo. O grupo, que xa ten representación no actual Concello, confirmou recentemente que se presentará baixo o "paraugas" de En Marea e reivindícase como referente da "unidade popular".


En Marea e a candidatura pontevedresa escenificaron a adhesión de Marea Pontevedra ao protocolo para as eleccións, polo que concorrerán baixo o "paraugas instrumental" que ofrece a organización a nivel galego e que ten por obxectivo aproveitar os votos dos proxectos municipais para aumentar o seu peso nas deputacións. 


Unha estratexia que choca de fronte coa de Podemos Galicia. As súas bases votaron que os morados só renunciarían ás súas siglas nas cidades onde xa gobernan as confluencias: Ferrol, Santiago e A Coruña.


PODEMOS QUERE PRESENTARSE COAS SÚAS SIGLAS

Para Podemos Pontevedra, que refusa diluírse en Marea Pontevedra e pretende facer valer a consulta realizada entre os seus inscritos que apostaron por concorrer en alianza con outras forzas políticas pero en formato de coalición e co seu nome na marca electoral, o acto do pasado xoves ejemplifica que En Marea converteuse nun "espazo excluínte".


Nun comunicado emitido este venres, a formación morada na capital provincial reclama "un espazo de unidade popular non excluínte" que non conte con "trabas á colaboración".

Deste xeito, afirma que a súa aposta é "formar unha coalición ampla e plural, sen tutelajes, sen 'minifundismos', que sexa representativa da pluralidade que conforma o espazo de cambio na cidade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE