Santiago Rodríguez chegou por sorpresa ao PP de Ourense despois de liderar Xuventudes Socialistas do PSOE. O presidente da xunta local acaba de dimitir no medio de duras críticas a Jesús Vázquez. O alcalde de Ourense négase por agora a aceptar o cambio de cromos co que o Feijóo quere salvar a Deputación de Ourense: facilitar o goberno do concello a outro partido a cambio de que Baltar siga sendo o presidente provincial.
Así as cousas, un 'cambio de cromos' co PSOE -como o proposto onte sorprendentemente por Feijóo- parece a única saída posible para os conservadores. A chocante oferta do presidente de la Xunta ao PSOE vai cobrando sentido e tamén o misterio do atraso en nomear senadores autonómicos. Todo o mundo sabe que Manuel Baltar non aceptará a humillación de dar un paso atrás para abrir a porta a que Cidadáns ou Democracia Ourensana manteñan ao PP na Deputación.
"Loitaremos contra a corrupción" promete o decálogo aprobado hoxe polos laranxas para negociar pactos. Con todo, cando se lle pregunta por Manuel Baltar, o número dous de Cs confirma que haberá negociación co PP, que será o seu "socio preferente".
Tras confirmarse que o PP perde a maioría absoluta na Deputación de Ourense, e que Democracia Ourensá veta a Manuel Baltar, ao baltarismo só lle queda a táboa de salvación laranxa. O líder do PSdeG advirte a Cidadáns que a súa credibilidade está en xogo.
O futuro do baltarismo queda en mans de Cs, despois de que Democracia Ourensana confirmase que mantén o veto a Manuel Baltar, aínda que non ao PP. Agora, o PP de Ourense tentará asegurarse a abstención, polo menos, dos laranxas.
O baltarismo corre, por vez primeira, risco real de perder a Deputación de Ourense. De repetirse nas locais os resultados das xerais, o PPdeG sacaría só 11 deputados provinciais. Dous menos dos necesarios para gobernar a administración, gobernada por un pleno de 25 representantes.
Fontes do Concello de Verín confirman a Galiciapress que o concello denuncia nos xulgados a Jiménez Morán. O senador do PP, que foi alcalde dese municipio, vai presentar de novo a edil nas próximas eleciones locais.
Tras a saída do número 2 na capital, hoxe dimitiu Montse Lama, deputada provincial e concelleira en Xinzo de Limia.
Na V ICC Week de Ourense, o festival da Deputación de Ourense, hai moita diversidade. Competicións de videoxogos, unha charla sobre o xadrez, un coñecido monologuista e o máis famoso comunicador do "misterio" presentando un novo formato "cara a cara"
Que hai de verdade nas denuncias socialistas de "paseos pagos con diñeiro público" do presidente da Deputación de Ourense? O PP deféndese presumindo de transparencia. Os socialistas din que levan gastados 132.000 euros, cantidade moito menor da detallada na web provincial.
As frecuentes viaxes do presidente da Deputación de Ourense -e os seus acompañantes- están no punto de mira da opsición. Segundo o PSdeG, Manuel Baltar leva case 70 viaxes no que vai de lexislatura. Da metade deles non informou, a pesar de que llo pediron.
O presidente da Deputación de Ourense presumiu dunha reunión co presidente da Comisón Europea, o poderoso Jean-Claude Junker. En realidade tratouse dunha simple foto ao comezo dun evento, segundo denuncian os socialistas, que piden contas sobre as varias investigacións que abriu a UE sobre o uso de fondos por parte da institución provincial.
Conversacións picadas a detidos na Operación Enredadera conteñen mencións a prácticas presuntamente irregulares en relación coa Deputación de Ourense. En declaracións a Galiciapress, Manuel Baltar recoñece "reunións de organización" cun dos investigados, directivo da concesionaria de parques de bombeiros, pero defende a obxectividade das adxudicacións.
A Deputación de Ourense aprobou unhas novas tarifas para aparcar no Hospital de Ourense, primeira hora gratis incluída, a cargar desde o día 1. Con todo, a concesionaria non as está aplicando, segundo denuncian os socialistas.
A Xustiza volveu a tombar un proceso de persoal da Deputación de Ourense. O Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) de Galicia rexeitou o recurso do organismo que preside Manuel Baltar. A Deputación recorrera unha sentenza que anulaba a provisión de postos de traballo de finais de 2016.
Aproveitará as primarias o baltarismo para marcar territorio? Cantos dos máis de 100.000 afiliados que di ter o PPde Galicia pagan realmene as súas cotas? Confirmarase a alianza con Cospedal e o temor aos supostos dossieres de Soraya? Analizamos algunhas das cuestións que xorden para os conservadores galegos ao fío da loita por suceder a Rajoy.
Mentres o resto do partido tartamudea á espera de que Alberto Nuñez Feijóo confirme que aspira a suceder a Mariano Rajoy, Xosé Manuel Baltar móvese, e rápido, ante os rumores de que Feijóo podería acabar no senado.
O novo cadro de persoal oficial da Deputación de Ourense aumenta o número de cargos intermedios. Todos os sindicatos, menos un, deixan que Xosé Manuel Baltar incremente así a porcentaxe gasto en persoal do organismo, que dipone dunha dos maiores persoais entre este tipo de entes. Por exemplo, a Deputación de Ourense duplica en número de traballadores á da Coruña.
Rexeita valorar que con esta decisión o PP de Ourense desmárquese da postura oficial de Xénova.