O actual reitor da USC celebra o índice de participación destas eleccións e felicita ás candidatas
O actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela (#USC), Antonio López, celebrou o índice de participación das eleccións a reitora, cuxa votación se celebrou este xoves, e felicitou ás candidatas Rosa Crujeiras e Maite Flores por pasar á segunda volta.
Así mesmo, López tivo palabras para as candidatas que quedaron en terceira e cuarta posición, María José López Couso e Alba Nogueira, e felicitou ás catro candidatas "por contribuír entre todas ao debate institucional ao redor do futuro da universidade".
"Temos ademais que congratularnos pola participación, con especial atención ao estudiantado, que superou o 28% do seu censo", celebrou o reitor nun audio difundido aos medios.
Con todo, tamén aproveitou para agradecer o traballo do persoal implicado nesta xornada, "na que se demostrou a eficacia do voto electrónico como ferramenta incentivadora da participación".
Escribe o teu comentario