Baltar acusa os xuíces de equivocarse "gravemente" ao tombar un concurso de persoal
A Xustiza volveu a tombar un proceso de persoal da Deputación de Ourense. O Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) de Galicia rexeitou o recurso do organismo que preside Manuel Baltar. A Deputación recorrera unha sentenza que anulaba a provisión de postos de traballo de finais de 2016.

Manuel Baltar
En opinión de Baltar, os xuíces equivócanse, e moito. Ao anunciar un recurso, a Deputación tamén carga contra os maxistrados ao entender "gravemente errónea" a súa argumentación. Por iso, a Administración anuncia xa un recurso de casación.
A Xustiza anulou que o concurso esixise certas categorías profesionais para acceder a determinados postos. Algo que Baltar rexeita, pois "a súa aplicación práctica levaría a resultados que se estiman absurdos" como, por exemplo, que un albanel puidese concursar a un posto de administrativo.
PERPETUAR A CERTAS PERSOAS EN DETERMINADOS POSTOS
O recurso inicial foi presentado polo sindicato CIG, que denunciou un "concurso á carta" para enchufar "de forma partidaria" creando "un circuíto pechado" para beneficiar "ás mesmas persoas que xa estivesen a desempeñar os postos ofertados".
Escribe o teu comentario