Concello denuncia a senador acusándoo de prevaricar cunha licenza urbanística
Fontes do Concello de Verín confirman a Galiciapress que o concello denuncia nos xulgados a Jiménez Morán. O senador do PP, que foi alcalde dese municipio, vai presentar de novo a edil nas próximas eleciones locais.
Fontes do Concello de Verín confirman a Galiciapress que o concello denuncia nos xulgados a Jiménez Morán. O senador do PP, que foi alcalde dese municipio, vaise presentar de novo a edil nas próximas eleciones locais.
Segundo indican fontes municipais, o municipio presenta a denuncia ao fío dunha licenza urbanística. Durante o seu mandato, en 2012, Morán concedeu unha licenza para edificar en chan rústico a a súa compañeira de partido Carmen Pardo López.
Tras un longo periplo xudicial, o Tribunal Supremo confirmou este inverno que a prórroga para a construción da vivenda da ex-concelleira e ex-deputada do PP no Parlamento de Galicia foi irregular. Así o ditaminaba previamente un fallo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, pero a ex-tenente de alcalde recorreu.
A UN VECIÑO TIRÁRONLLE A CASA, Á DEPUTADA NON
A demanda do Concello -que agora goberna o PSOE- apunta a un suposto dobre criterio de Morán. Así, o escrito asegura outro veciño en situación análoga viu como demolían a súa casa por orde do Concello, en virtude dun artigo da Lei de Ordenación Urbanística, que o concello di obviouse no caso a vivenda da ex-mandataria.
O escrito de acusación, adiantado por a Diario do Támega, engade que "o querellado, de maneira deliberada e con ánimo de obter unha resolución adecuada aos seus propósitos, encargou a redacción dun informe non a quen lle correspondería facelo, isto é, ao Técnico de Urbanismo quen, con total seguridade informase negativamente -á concesión da prórroga da licenza de obra-, senón á Secretaria do Concello de Verín".
O TSXG fallou no seu día que a prórroga se concedeu "cando xa o chan sobre o que se pretendía levantar a vivenda adquirira novamente a condición de rústico despois da anulación do plan de ordenación urbanística do 2007, aprobado pola Corporación municipal sendo alcalde Juan Manuel Jiménez Morán".
BALTAR DÁ A BENVIDA A QUEN OUSOU DESAFIALO
Pardo e Morán son dous vellos coñecidos da política galega e ourensá. A política chegou a ser secretaria de Turismo ao comezo da era Feijóo. Abandonou a acta de deputada no Parlamento de Galicia en 2015, despois de que saltara este caso, alegando que tiña unha oferta da empresa privada.
Jiménez Morán foi durante moito tempo a punta de lanza do feijooismo contra o baltarismo en Ourense. Atreveuse a presentarse contra Manuel Baltar cando o seu pai xubilouse á fronte do partido e a Deputación. Pese ao apoio do aparello do PPdeG, perdeu o envite e logo a alcaldía.
Feijóo outorgoulle refuxio no Senado, enviándoo a Madrid como senador por designación autonómica, posto con aforamento, no que permaneceu ata que a Cámara disolveuse polas eleccións a semana pasada. Agora, sanadas aparentemente as feridas con Baltar, Morán volve para tentar reconquistar a vila para o conservadores pero terá que lidar con este novo preito.
Escribe o teu comentario