Galicia

Ciudadanos Galicia afirma que crece un "200%"

O partido laranxa, liderado por Olga Louzao, afirma superar os 7.000 afiliados na comunidade e consolidar preto dun centenar de agrupacións. Desde Cidadáns aspiran a obter representación nas sete grandes cidades nas próximas eleccións municipais. 

Galicia perderá dúas veces a poboación de Ferrol en 15 anos

Segundo o INE a comunidade galega perderá 138.799 habitantes en 2033, o dobre da poboación actual da cidade de Ferrol. Isto é o que pasará se se manteñen as tendencias actuais. 

Gonzalo Caballero sorprende convocando unhas primarias para o PSdeG

Os socialistas galegos celebrasen o próximo 18 de novembro as súas primarias para liderar a carrea á Xunta en Galicia. Nesa mesma data tamén se celebrarán as primarias polos candidatos ás alcaldías. 

Feijóo anuncia a súa intención de baixar os impostos no Debate do Estado da Autonomía

O presidente da Xunta anuncia a esperada baixada de impostos e pon de relevo os éxitos da súa lexislatura. Á súa vez, anuncia que esta semana se aprobará o teito de gasto para o ano 2019 e que non ten intención de iniciar a súa carreira en Madrid.


Feijóo anuncia a súa intención de baixar os impostos no Debate do Estado da Autonomía


O presidente da Xunta anuncia a esperada baixada de impostos e pon de relevo os éxitos da súa lexislatura. Á súa vez, anuncia que esta semana se aprobará o teito de gasto para o ano 2019 e que non ten intención de iniciar a súa carreira en Madrid.


Galicia foi a comunidade con menos creación de empresas en agosto

O número de novas sociedades mercantís baixou un 20,7% en agosto en Galicia respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata sumar 237 empresas, a máis baixa do Estado. Ao seu vezlas disolucións reducíronse un 17,3%.

Obreiros portugueses en Galicia: “unha vulneración de dereitos que roza á escravitude”

En declaracións a Galicia Press, o Secretario Nacional da Federación da Construción e a Madeira pola CIG, Plácido Valencia, debulla a precariedade laboral na que viven moitos traballadores da construción, tanto portugueses como galegos. 

Acabouse a crise? Os salarios dos galegos non soben, estes son os motivos

Por que os salarios dos galegos non se recuperan a pesar de que a crise, en teoría, finalizou? Un dos factores é que sete de cada dez traballan no sector servizos -por exemplo en turismo e hostalería-; e esta área os soldos no canto de crecer, baixan.

Diversos colectivos alertan de que o novo plan forestal favorece a eucaliptización

Un grupo integrado por colectivos como Adega, a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, CIG, Sindicato Labrego ou Fruga reclaman a retirada do borrador do futuro plan forestal impulsado pola Xunta. As organizacións advirten de que o plan é unha "estafa feita para o lobby da madeira" e que beneficia a eucaliptización do territorio galego.

Galicia tarda 0,55 días en recoñecer as prestacións por desemprego, por baixo dos 1,14 estatais

A Comunidade galega é a sétima autonomía que máis peticións rexistra, con 27.788

Os encoros galegos, ao 71% da súa capacidade, almacenan máis auga que nos últimos dez anos

A reserva hidráulica galega descendeu a última semana e atópanse ao 70,8% da súa capacidade, cun total de 2.631 hectómetros cúbicos de auga embalsada sobre os 3.714 posibles

Galicia lidera a baixada do paro en xullo, aínda que aumentan os contratos temporais

Crecen os contratos temporais mentres baixan os indefinidos respecto dos realizados o mes anterior

41 novas farmacias para Galicia saen a concurso
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se convoca o concurso público para a adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia.
O Eixo Atlántico sinala a hipocrisía de Feijóo sobre a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal

Afirman que o Eixo Atlántico foi a "única entidade" que expuxo a necesidade ao Ministerio, chegando a encargar un informe sobre o desenvolvemento e os custos da obra ao profesor Rodríguez Bugarín 

Así lle chivaban aos narcos galegos as súas toupas da Garda Civil


En Galicia segue habendo señores da "Fariña". Clans organizados que importan grandes cantidades de droga e que son moito máis discretos que os seus famosos antecesores. Noutra cousa se coinciden con eles, iso si. Teñen "topuas" entre os axentes galegos antidroga, como proba esta nova sentenza.

​“En Ourense, Lugo, Pontevedra, Santiago e Ferrol a miúdo patrulla un só coche de Policía”

Na autonomía hai un déficit de máis de 630 policías, unha situación “crítica” que leva a que moitas cidades ás veces sexan patrulladas desde un único vehículo. Esta é unha das denuncias que realiza nesta entrevista Roberto González Rodríguez, quen acaba de ser reelixido por unanimidade secretario federal territorial do Sindicato Unificado de Policia (SUP), o principal na Policía Nacional. A falta de medios para combater o aumento de delitos tecnolóxicos -con casos de 2014 sen investigar-, a ausencia de chalecos antibalas na recente redada na Coruña e a supervivencia dos clans galegos da droga son outros temas desta conversación.

Expertos cifran en 844 millóns público o malgaste en obras públicas innecesarias

Aproximación a la Geografía del despilfarro en España: balance de las últimas dos décadas analiza o malgasto de recursos públicos desde 1995, un total de 81.000 millóns de euros en todo o Estado dos cales 844 corresponden a Galicia. Destacan os sobrecustos en portos e aeroportos, con máis de 1.000 millóns comprometidos de forma inadecuada no porto da Coruña. 

Emprendedoras galegas e portuguesas "con sal nas veas" únense en Mulleres Atlánticas

O obxectivo principal da iniciativa é empoderar e visibilizar ás mulleres emprendedoras do noroeste da Península, así como destacar o talento feminino e a calidade dos seus produtos e marcas

Fest Galicia, a nova marca de distinción dos festivais galegos

Fest Galicia é unha nova marca promovida desde a Administración galega para profesionalizar e promocionar os festivais de música da Comunidade e promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de "calidade, sustentabilidade e responsabilidade". 




Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE