O Hospital Universitario da Coruña repite como o mellor de Galicia

O ‘Índice Excelencia Hospitalaria 2018’ deixa ao complexo hospitalario herculino como o mellor da comunidade por segundo ano consecutivo.


|

O ‘Índice Excelencia Hospitalaria 2018’ deixa ao complexo hospitalario herculino como o mellor da comunidade por segundo ano consecutivo.


Hospitalcorunachuac

Fachada do CHUAC


Por segundo ano consecutivo, o Hospital Universitario da Coruña erixiuse como o mellor hospital de Galicia. No ránking do Instituto Coordenadas no ‘Índice Excelencia Hospitalaria 2018’, o complexo herculino volve situarse á cabeza da sanidade galega, mentres que no referido ao TOP5, con respecto ás posicións do ano pasado, entra como gran novidade o Hospital do Meixoeiro, en Vigo, pechando as cinco primeiras prazas.


No cuarto posto atópase o Hospital Quirónsalud, tamén da Coruña, mentres que o bronce e a prata son para o Hospital Álvaro Cunqueiro e o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, respectivamente. Así, a única fluctuación é a do Hospital Meixoeiro. Destacar que ningún complexo hospitalario das provincias de Lugo e Ourense aparece entre os cinco primeiros postos.


“O Índice, elaborado mediante enquisas a preto de 2.000 profesionais da saúde en toda España, mide a excelencia en base aos resultados e percepcións dos profesionais que traballan nos centros ou na súa contorna”, sinalan desde o Instituto, quen recalca que entenden como excelencia hospitalaria “a suma de calidade asistencial, atención personalizada e eficiencia dos recursos”.


A nivel nacional, a Fundación Jiménez Díaz encabeza a clasificación por cuarto ano consecutivo, mentres que o segundo posto é para o Hospital Universitario A Paz, que lle arrebata a praza ao Hospital Clinic de Barcelona, que ocupa o terceiro posto do caixón. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE