Comer por 10 euros nun restaurante Michelin é posible en Galicia


|

A comunidade conta con 22 restaurantes BibGourmand, distinción que outorga a Guía Michelín aos locais que ofrecen comida de calidade, de corte rexional e servida a un prezo económico.


Comida michelu00edn


A nova Guía Michelín para 2019 deu a coñecer os locais de España e Portugal que contarán cunha, dous ou tres estrelas, pero tamén os locais distinguidos co premio BibGourmand, un premio que a guía outorga a aqueles restaurantes que “destacan pola mellor calidade-prezo e por ofrecer comidas por menos de 35 euros”.


Así, os restaurantes ‘ComeiBebei’ de Oleiros e o ‘Xantar’ da Guarda son dous dos 22 restaurantes galegos galargnados co premio da Guía Michelín, pero concretamente estes dous establecementos son dos máis económicos en España deste tipo. Por tan só 10 euros no menú de mediodía pódese gozar dunha comida digna de figurar na prestixiosa guía de restauración.


O prezo destes locais depende de se se pode ir entre semana e pedir o menú de mediodía ou non, pero normalmente o prezo destes locais oscila entre os 10 e os 50 euros. O prezo medio por persoas é de 23,53 euros, un gasto relativamente baixo se se ten en conta a calidade ofrecida.


Ademais de ‘ComeiBebei’ e ‘Xantar’, os restaurantes ‘Arcadia’ (Arcade) e A Taberna do Trasno (Cambados) teñen menús de mediodía por 12 e 12,5 euros. Este último é tamén un dos máis económicos para gozar dos pratos da carta.


Con todo, aínda que Galicia conta con 22 locais BibGourmand, todos eles atópanse na Coruña e Pontevedra, quedándose Lugo e Ourense fóra deste concurso, as únicas provincias que non posúen un só establecemento sen esa categoría, xunto a Ávila e Cidade Real. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE