Tellado admite que "non hai medicos" a pesar da "sobrecarga" na atención primaria

O secretario xeral do PPdeG analizou esta mañá a preocupante realidade do SERGAS e o auxe da ultradereita en España. 



|

O secretario xeral do PPdeG analizou esta mañá a preocupante realidade do SERGAS e o auxe da ultradereita en España. 


Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, admitiu que en Galicia "hai unha sobrecarga na atención primaria" pero alegou que o problema que non hai "máis médicos", o que fai imposible que a Xunta lles contrate.

Tellado, nunha entrevista concedida á Radio Galega recollida por Europa Press, falou tamén sobre a situación da sanidade en Galicia, a construción das fragatas F-110 en Ferrol e o auxe de VOX.


O popular recoñeceu o problema que hai en Galicia coa "sobrecarga" na atención primaria, e explicou que "a Xunta quere contratar máis médicos de primeira a través do Sergas, pero non os atopa".

Para reverter a situación, avogou por "traballar para descargar aos profesionais médicos do traballo administrativo", en "melloras á enfermería" e en "optimizar a teleconsulta". Así, pediu "traballar conxuntamente máis aló de buscar réditos políticos".

FRAGATAS DE FERROL E AUXE DE VOX

Tellado defendinse das críticas procedentes do Partido Socialista que vinculan os atrasos na contratación por parte do Goberno de Rajoy con supostos intereses da empresa de Pedro Morenés, ex ministro de Defensa.

Sobre este particular argumentou que se trata de "unha cortina de fume para obviar o problema que tivo a nova ministra de Defensa coas corvetas de Arabia Saudita".

Ademais, explicou que "calquera veciño de Ferrol vinculado ao sector naval sabe que a elección do tipo de mísil non xera atrasos nesa fase de deseño".

Por outra banda, ante a presentación de Vox en Ourense, responsabilizou do que sucedeu nas eleccións andaluzas a Pedro Sánchez polo seu acordo "coa esquerda máis radical, cos herdeiros da antiga Batasuna e co máis radical do secesionismo catalán".

O secretario xeral dos populares galegos reflexionou que Galicia ten "un sistema político propio" e aliñouse con Pablo Casado, ao declarar que "o espazo de centro dereita está perfectamente representado polo PP" e que "non hai lugar para radicalismos".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE