As tres forzas desafían ao PP e á Deputación de Ourense coa celebración dun pleno extraordinario que terá lugar mañá ás 11h. Mentres, DO, liderada por Jácome, di non ter aínda unha postura definida respecto diso a pesar de ser os grandes aliados do baltarismo.
Está en perigo o financiamento de 200 gandeiros galegos? Unión Agrarias advirte que hai en xogo 10 millóns e medio de euros en axudas para os gandeiros e que o prazo para a presentación de solicitudes non será ampliado pola “negativa” do goberno de Galicia.
A canción do grupo santiagués acumula miles de reproducións en Youtube e pode converterse nun novo himno da afección branquiazul.
Feijóo, Tellado e a propia vicesecretaria de Política Social dos populares, Cuca Gamarra, demostraron en senllas declaracións que o proxecto ‘España Suma’ non pasa por Galicia. “Non é necesario”, alega o presidente de la Xunta de Galicia sobre unha posible coalición dos partidos de dereita.
Dos 313 municipios que compoñen Galicia 303 viron reducida a súa débeda por habitante na súa última lexislatura. Os grandes concellos víronse obrigados a apertarse o cinto e a débeda viuse reducida de forma considerable nestes catro anos, algo que non evitou que na maior parte dos grandes concellos da comunidade producísense cambios de goberno.
O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España (CGCOM) emitiu unha "mensaxe de tranquilidade e de confianza" no Sistema Nacional de Saúde (SNS), os responsables sanitarios e en todos os profesionais, ante o brote de listeriosis que se cobrou xa dúas vidas e que suma un total de case 200 persoas afectadas.
Os aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela veranse afectados esta fin de semana pola folga no aeroporto barcelonés. Á folga indefinida de vixiantes dos filtros de seguridade de Trablisa súmase a partir deste sábado unha folga do persoal de terra de Iberia no principal aeroporto catalán.
A Garda Civil investiga a un home de 74 anos, veciño de Nigrán (Pontevedra), como presunto autor dos delitos de abusos sexuais, trato degradante, ameazas e coaccións a varias empregadas do fogar.
Un total de 113.938 galegos teñen a tarxeta de doante de órganos, unha cifra na que alcanzan un peso especial as mulleres, que representan o 64%, mentres que o 36% restante son homes.