Permanecen ingresados os brigadistas de 18, 23 e 25 anos e o bombeiro de 46 anos, todos con prognóstico grave
O catro, aínda que melloran en canto ás consecuencias por inhalación de fume, seguen con prognóstico grave ou moi grave no CHUAC.
O tres brigadistas e o bombeiro feridos durante os operativos de extinción dos incendios forestais en Ourense continúan ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con prognóstico grave e moi grave. No entanto, melloran en canto ás consecuencias por inhalación de fume.
Segundo o último parte médico facilitado polo centro hospitalario, o brigadista máis novo, de 18 anos, presenta queimaduras de terceiro grao no 40% do seu corpo e intoxicación por inhalación de fume. Está estable pero o prognóstico segue sendo moi grave.
Outro dos brigadistas, de 23 anos, con prognóstico grave por queimaduras de segundo grao no 15% do corpo, e tamén con intoxicación por inhalación de fume xa resolta, evoluciona favorablemente. O seu prognóstico é reservado.
O terceiro deles, de 25 anos, está estable dentro da gravidade. Presenta queimaduras de segundo grao no 15% do corpo e, como os seus compañeiros, intoxicación por inhalación de fume en proceso de resolución.
O último dos ingresados é un bombeiro de 46 anos que tamén está estable dentro da gravidade. Presenta queimaduras de segundo grao no 10% do corpo e intoxicación por inhalación de fume xa resolta.
Escribe o teu comentario