Rescatan aos tripulantes dunha embarcación afundida na costa do Vicedo

Tres persoas tiveron que ser rescatadas no helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas despois de que a embarcación na que navegaban afundísese na costa do municipio do Vicedo (Lugo), concretamente preto da Praia de Abrela.

|

Tres persoas tiveron que ser rescatadas no helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas despois de que a embarcación na que navegaban afundísese na costa do municipio do Vicedo (Lugo), concretamente preto da Praia de Abrela.


Helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas de Galicia.
Segundo informa o 112, o operativo de rescate púxose en marcha ao redor das 12,30 horas deste sábado cando o alertante solicitaba axuda, dado que o barco no que navegaba xunto a outras dúas persoas sufrira unha avaría e non podía volver á costa.

Tal e como recolle Salvamento Marítimo na súa conta de Twitter, a lancha tiña unha vía de auga. Ademais deste servizo, o centro de emerxencias solicitou a colaboración a Garda Civil e Protección Civil.

Así mesmo, o 112 informou do ocorrido aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como á Policía Local e Nacional.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE