O tempo non dá tregua á Galicia incendiada esta fin de semana

A maior parte de Galicia continúa este sábado en risco extremo de incendios forestais, xa que só na zona da Mariña de Lugo hai risco moderado.

|

A maior parte de Galicia continúa este sábado en risco extremo de incendios forestais, xa que só na zona da Mariña de Lugo hai risco moderado.


Mapa co Índice de risco diario de incendio forestal actualizado o sábado, 7 de setembro de 2019 ás 08:09


Así figura no índice de risco diario de incendio forestal, que actualiza o perigo existente en Galicia cada día. Toda a provincia de Pontevedra, así como case toda a da Coruña (excepto unha zona da Costa da Morte que está no alto perigo) e Pontevedra están en risco extremo, do mesmo xeito que a metade sur de Lugo.

Para establecer este risco téñense en conta factores como a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, das infraestruturas preventivas da masas arbóreas e do chan.

Así, Meteogalicia informa de que este sábado continuará soprando o vento do nordeste, aínda que será moderado. Ademais, as temperaturas ascenderán lixeiramente.

Todo iso, nunha xornada na que se declarou un novo incendio forestal en Ribeira, que afecta xa a máis de 100 hectáreas, e que se suma aos lumes que ao longo das últimas xornadas calcinaron unhas 1.000 hectáreas en Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE