​Folga xeral dentro do aeroporto de Lavacolla os días 13, 20 e 27 de setembro

Os traballadores de todas as empresas que operan no aeroporto santiagués están chamados á folga durante tres venres deste mes en paróns que prevén unha parálise case completa do aeroporto.


|

Os traballadores de todas as empresas que operan no aeroporto santiagués están chamados á folga durante tres venres deste mes en paróns que prevén unha parálise case completa do aeroporto.


Aeropuertolavacolla

Fachada do aeroporto de Lavacolla


Os paróns anunciados polo sindicato CIG afectarán o servizo desde as 04:30 horas ata as 10:30 horas, o que compromete a todos os voos que saian pola mañá no aeroporto compostelán. Todos os traballadores das empresas que operan en Lavacolla están chamados á folga, desde o persoal de seguridade ata os traballadores das compañías aéreas. “É a primeira vez na historia que se produce isto nun aeroporto de España onde todos os traballadores van ir á vez á huelga”, afirma Pablo de Prados, membro do sindicato, que subliña que as empresas que secunden a folga ofrecerán os servizos mínimos fixados por cada compañía.


“Esperamos un gran seguimento porque a precariedade que hai a día de hoxe en sector é tremenda, e só fai falta ver todas as folgas que hai en Ryanair, Iberia, na seguridade dos aeroportos…”, lamenta de Prados. O conflito empezou hai meses coa decisión de empezar a cobrar aos traballadores do aeroporto o mesmo prezo que se cobra aos pasaxeiros nos produtos da cantina. “Queren que paguemos 6 ou 7 euros por un bocadillo, case 15 euros para comer, 2,20 euros por un café… Iso, sumado a que temos que pagar máis de 20 euros ao mes polo aparcadoiro practicamente obríganos a pagar por traballar aquí”, denuncian desde o sindicato, recalcando que este conflito hase estendido a outros aeroportos como o de Asturias onde tamén se subiron os prezos da comida aos traballadores.


“Este é un conflito que empezou o 15 de marzo e levamos xa cinco concentracións, temos unha Proposición non de lei do Parlamento de Galicia apoiando as nosas reivindicacións, ao Concello de Santiago do noso lado, falamos coa subdelegada do Goberno de España, temos máis de 30 escritos rexistrados…E séguense negando a recibirnos e a falar con ninguén, dándonos esta única saída”, critica o membro da CIG.


MENTIRAS E PRECARIEDADE

En a única reunión que mantivemos para tentar desbloquear a situación mentíronnos ameazándonos con quitar a cantina, algo que desmentiu a propia AENA só dous días despois”, expón de Prados, que lamenta chegar a este extremo e xa anuncia que hoxe mesmo abrirán o camiño a unha conciliación antes de que sexa a propia empresa a que o solicite

Aínda que no caso da terminal santiaguesa todo empezou por mor da subida de prezos aos traballadores na cantina do aeroporto, agora a folga prodúcese por moitos máis motivos. 


"Na convocatoria de folga tamén denunciamos que a carga de traballo é cada vez maior mentres que os persoais son as mesmas, aumenta a temporalidade e existen incumprimentos na cobertura de necesidades de persoal no horario nocturno ou a supresión do servizo de enfermería do aeroporto de Santiago cando estamos a empezar a preparar o Xacobeo”, recalcan desde a CIG


É AENA, xunto coa dirección do aeroporto, a culpable de que cheguemos ata esta folga, porque despois de cinco meses seguen negándose a atendernos”, sentenza de Parados. E todo isto, co Ano Santo ao virar a esquina. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE