​Viaqua e os seus socios, comprometidos coa protección da auga mediante a innovación

Viaqua, xunto coas outras cinco empresas que impulsan a iniciativa, apostan pola innovación dentro da potabilización de augas mediante o proxecto ‘Trihsens’, enmarcado no programa ‘Conecta Peme 2018’ .


|

Viaqua, xunto coas outras cinco empresas que impulsan a iniciativa, apostan pola innovación dentro da potabilización de augas mediante o proxecto ‘TRIHSENS’, enmarcado no programa ‘Conecta Peme 2018’.


Auga

A auga é un recurso cada vez máis escaso


Os obxectivos do proxecto pretenden mellorar os sistemas de potabilización actuais co fin de lograr unha xestión máis eficiente e que permita o desenvolvemento dunha solución integral para a monitoraxe en tempo real da auga de consumo humano, un recurso cada vez máis escaso e que esixe unha maior protección.


O proxecto, que xa leva uns meses en funcionamento, arroxou xa resultados positivos. Na súa posta en marcha xa se probou a eficacia do uso de sensores de fluorescencia para a monitoraxe do proceso de potabilización, garantindo unha mellor xestión e o control exhaustivo da auga de consumo distribuída na cidade de Santiago de Compostela.

.


“Esta innovadora tecnoloxía, que será instalada proximamente na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do Tambre, está baseada en redes neuronais artificiais, as cales actúan como un sistema de predición e protección extra no proceso de potabilización da auga”, anuncian desde Viaqua, que aproveita para poñer en valor o proxecto TIRHSENS que conta co respaldo da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, cofinanciado con cargo a Fondos FEDER.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE