Don Patricio, NAO e Ray Gelato & The Giants, novas confirmacións para as festas de San Froilán
As festas de San Froilán (Lugo), que se celebrarán do catro ao 12 de outubro, incluíron no seu programa de concertos actuacións de Don Patricio, NAVE e Ray Gelato & the Giants. Son as últimas confirmacións dun cartel que conta con 50 actuacións musicais.
As festas de San Froilán (Lugo), que se celebrarán do catro ao 12 de outubro, incluíron no seu programa de concertos actuacións de Don Patricio, NAO e Ray Gelato & the Giants. Son as últimas confirmacións dun cartel que conta con 50 actuacións musicais.
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que todos os concertos "abarcarán un amplo espectro de estilos dirixidos ás diferentes franxas de idade", e tamén "adaptados a distintas tendencias e gustos musicais".
Así mesmo, Ferreiro informou que Don Patricio, rapero canario con letras para público xuvenil, actuará o 11 de outubro na Praza do Seminario. O artista é coñecido por publicar os seus temas en Youtube e polas súas colaboracións con Juancho Marqués ou Lola Bunny.
Os galegos NAO tocarán o 10 de outubro na Praza de Santa María, unha actuación dentro da súa xira de despedida. Foron galardoados co premio Martín Códax de música galega na categoría de metal. Destacan, explicou o goberno local, por un "forte compromiso social".
Tamén sinalou que a banda de jazz clásico Ray Gelato & The Giants actuará o 7 de outubro na Praza de Santa María. O grupo ten varios números uno e os integrantes "son admirados por soados músicos como Paul McCartney ou Bryan Adams".
Escribe o teu comentario