Acordo entre PSOE e BNG para unha moción de censura coa que arrebatar ao PP a alcaldía de Viana do Bolo
As dúas formacións repartiranse a alcaldía de aquí a 2027, antes de que haxa novas eleccións municipais.
Xa desde un primeiro momento resultaba evidente a fagilidad do goberno de Andrés Montesinos á fronte do Concello de Viana do Bolo. O popular accedeu á alcaldía fai algo máis de dous anos grazas aos votos da súa formación, en minoría nun pleno onde nin PSOE nin BNG foron quen de alcanzar un acordo para evitar que o bastón de mando caese en mans do PP. Agora, e despois de longas negociacións, hai un acordo para sacar adiante unha moción de censura coa que apartar a Montesinos da alcaldía.
ALCALDÍA POR QUENDAS
O acordo contempla "unha alcaldía rotatoria e unha xunta de goberno local paritaria" nos algo menos de dous anos que quedan até a celebración das próximas eleccións municipais, que deberían celebrar na primavera de 2027.
O acordo responde, di o PSOE na súa nota, á necesidade de "garantir a estabilidade política e impulsar unha xestión municipal responsable e transparante". O pacto, á súa vez, "establece un marco de cooperación institucional baseado na corresponsabilidade efectiva, solidaria e leal de ambas as forzas na acción de goberno municipal".
Así as cousas, o socialista Germán García-Ávila Arias sera o primeiro alcalde deste proceso, deixando o goberno, segundo establece o pacto, o 18 de agosto de 2026, "momento no que asumirá o cargo un representante do BNG até o final da lexislatura". "Para garantir a participación equilibrada de ambas as formacións na xestión municipal, crearase unha xunta de goberno local integrada por dous membros de cada grupo político, cuxos representantes serán elixidos pola respectiva organización", abundan.
CRISE EN VIANA
"O acordo establece un marco de colaboración que busca superar a situación de bloqueo e parálise que atravesa o municipio. Os grupos asinantes comprométense a garantir a estabilidade do goberno municipal, votando todas as propostas do grupo que detente a alcaldía e aprobando as súas iniciativas de ámbito local no pleno municipal. Como elemento destacado do pacto, no referente aos posibles remanentes de tesouraría, cada forza política terá un poder de decisión dun 50% nos devanditos fondos, garantindo deste xeito a participación equitativa na toma de decisións sobre os recursos municipais dispoñibles", engade o comunicado socialista.
A crise demográfica, o envellecemento poboacional, a modernización dos servizos públicos e a necesidade de impulsar políticas de revitalización territorial son algúns dos problemas que cita a organización para facer fronte a estes anos de legisltatura.
O acordo supón, ademais, un golpe de efecto no que a política municipal refírese, despois de que mocións de censura como as celebradas en Touro, Fisterra ou Forcarei ampliasen o número de concellos baixo dirección dos populares, aínda que cambios como o de Noia deixasen debilitados aos conservadores.
Escribe o teu comentario