​O galego que pintou a tumba de Franco “non atentou contra o sentimento relixioso” segundo o xulgado

O último auto do xulgado madrileño que leva o caso rexeita condenar ao artista galego Enrique Tereiro por un delito contra os sentimentos relixiosos ao entender que non houbo tal atentado e orienta a sanción a unha multa económica por danos.


|

O último auto do xulgado madrileño que leva o caso rexeita condenar ao artista galego Enrique Tereiro por un delito contra os sentimentos relixiosos ao entender que non houbo tal atentado e orienta a sanción a unha multa económica por danos.


Tomba franco pintada pomba


Pintada sobre a tumba de Franco


Aínda que nun primeiro momento a maxistrada instrutora investigaba a Tenreiro por presuntos delitos de “danos e contra os sentimentos relixiosos”, na última resolución emitida pola mesma refírense ao segundo delito como “falta do debido respecto” contra a tumba do ditador, aínda que mantén o delito de danos.


Desde o medio OK Diario consideran que esta nova interpretación dos delitos por parte do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de San Lorenzo del Escorial débese  a que o acto relixioso que se ía a oficiar na basílica do Valle dos Caídos aínda non comezara cando se produciu a pintada, segundo reflicte o informe policial achegado pola Garda Civil.


Ante isto, a xuíza que leva o caso considera que, ao non comezar o culto relixioso, resultaría forzado consideralo un delito contra os sentimentos relixiosos. Nesta situación, o acusado evita unha condena que podería chegar aos 4 anos de cárcere e apunta a unha sanción económica. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE