O intrusismo na seguridade privada é un das grandes ameazas que acosan ao sector, contra a que combate a Federación de Traballadores de Seguridade Privada de USO.
Os datos do Servizo Galego de Saúde volven indicar, por quinto día consecutivo, que a situación no conxunto das áreas galegas complícase. Hoxe Galicia volve crecer con dez novos casos confirmados. A pesar de que este é o día no que a gráfica sofre o seu ascenso máis leve, neste tempo Galicia sumou un total de 79 casos máis. O descenso que viña rexistrando a comunidade desde hai xa uns meses viuse truncado e agora os casos están á alza.
Temos o mellor Sistema Sanitario Público do mundo...e os peores administradores do mundo! A Sanidade non pode estar en mans de persoas que non cren no Público (si, con maiúsculas): o diñeiro de todos, deben ser administrados de forma que cheguen a toda a poboación, e que calquera que teña unha necesidade sanitaria, poida ter a súa asistencia sen ter que hipotecarse para poder ser atendidos e atendidas.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que o número de casos activos na comunidade volve crecer por cuarto día consecutivo. No últimos catro días o número de positivos creceu sempre por encima dos 16 novos casos. Esta escalada tan pronunciada evidencia o cambio de tendencia que está a sufrir Galicia, onde a desescalada no referido ao descenso de casos na media móbil semanal deixou de arroxar porcentaxes negativas. Galicia, con 233 casos activos, retrocedeu en só 96 horas a cifras do 16 de xullo, cando tiña 227 casos avtivos.