13 empresas batallan por asumir o programa de inspección de muros en estradas autonómicas
Un total de 13 empresas presentou ofertas para encargarse do programa de inspección de 600 noiros e muros en estradas autonómicas.
Este programa da Consellería de Infraestruturas permitirá ter información detallada, realizar inspeccións rutineiras ou especiais e acometer as actuacións preventivas necesarias para aumentar a vida útil destas estruturas, garantir a funcionalidade das estradas e reforzar a seguridade viaria.
O contrato licitado prevé un importe de 347.000 euros e unha vixencia de tres anos, coa posibilidade de ser prorrogado durante dous anos máis, neste caso, con 223.000 euros adicionais.
Os datos sobre muros e noiros subiranse a unha nova aplicación informática, que se desenvolve en colaboración coa Amtega. Este programa, xunto co de inspeccións de pontes e obras de paso posto en marcha, completará a xestión de risco en estradas autonómicas.
Escribe o teu comentario