A médico de familia Natalia Prego Cancelo, que se define como unha profesional “na loita pola verdade e a liberdade de todos”, volveuse viral nas últimas semanas polos seus vídeos nos que arremete contra as medidas que obrigan ao uso das máscaras.
Os datos do Servizo Galego de Saúde volven mostrar a unha comunidade en franco crecemento no referido a novos casos de coronavirus. Coa situación totalmente fóra de control na área da Coruña, agora é Ourense a que empeza a dar un salto importante. Con todo, hoxe o gran xiro chegou coa media móbil a sete días, que deixa o número medio de contagios ao día na última semana por encima do centenar de novos casos: 104 casos ao día segundo esta estatística, constatada polos 118 novos casos confirmados que hoxe elevan a cifra de casos activos ata os 1.400.
Unha información falsa difundida polo servizo de mensaxería e alimentado polas redes sociais indicaba que se detectou un brote de coronavirus durante a celebración dun bautizo nun coñecido restaurante de Boiro.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que Galicia, que onte superou o milleiro de casos, continúa coa súa escalada indiscriminada, cun ascenso diario que leva tres días seguidos por encima do centenar. Esta xornada son 105 novos casos que, sumados aos tres días anteriores, significan 331 novos casos en só 72 horas. Estas cifras, que lembran aos peores días da pandemia, son especialmente preocupantes na Coruña, onde a situación para volto a dar un xiro.