Galicia estuda a posibilidade de pechar todos os prostíbulos, como xa fixeron Cataluña e Castela – A Mancha
Perigosos antes, durante e despois da pandemia, os prostíbulos e locais de alterne son agora un potencial foco de contaxio da enfermidade. A Ministra de Igualdade, Irene Montero, solicitou onte por carta ás comunidades autónomas o peche destes locais, unha medida que xa adoptaron os gobernos manchegos e cataláns.

"Que non deamos tregua á explotación sexual, que non deamos tregua a esa industria proxeneta que sempre permanece na impunidade e na absoluta opacidade. Fálase moito dos dereitos das mulleres en contexto de prostitución pero non das cifras de negocio", reclamaba a ministra na súa misiva.
"Era unha incoherencia pechar o lecer nocturno e manter abertos outros locais nos que se realizan actividades deste tipo", argumentou onte a responsable de Danidad da Generalitat, Alba Vergés.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario