A Pobra de Trives tampouco se libra do coronavirus: catro contaxiados nunha familia; en Vilamarín son xa trece os positivos

Un novo ingreso en UCI en Ourense aumenta a 10 o total en Galicia

|

Un brote detectado este sábado no municipio ourensán da Pobra de Trives deixa catro infectados dunha mesma familia, nunha xornada na que o brote existente no tamén concello ourensán de Vilamarín ascende a 13.


Brote PCR


Diso informa esta tarde de sábado a área sanitaria de Ourense, que tamén destaca que hai un novo ingreso en UCI no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), polo que xa son tres neste centro. Con este novo ingreso o total en UCI elévase, polo menos, ata 10 --había nove nos datos remitido pola mañá polo Sergas--.


Este novo ingreso en UCI en Ourense é un paciente de 58 anos que levaba no hospital en situación de illamento desde o pasado 19 de agosto e sufriu un empeoramento na evolución do seu cadro clínico.

No tocante ao novo brote en Trives, deron positivo dous homes de 70 e 42 anos, un muller de 33 anos e un neno. Todos da mesma unidade familiar e residentes neste municipio. Están en illamento domiciliario e controlados telemáticamente polo seu centro de saúde.


A aparición deste brote en Trives provocou que a Consellería de Sanidade ordenase o peche ás visitas da residencia de terceira idade en Trives.


AUMENTO EN VILAMARÍN

No brote de Vilamarín, os infectados xa son 13 tras sumar dous novos casos. Todos están en illamento domiciliario e con seguimento telemático.


A aparición deste brote o pasado mércores, 19 de agosto, provocou que Sanidade ordenase a restrición de visitas ás residencias Santiago Apostol de Vilamarín e á Saleta de San Cristovo de Cea.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE