VÍDEO | Críticas ao conselleiro de Educación por empregar o castelán nun acto da Xunta á FP

A Mesa pola Normalización Lingüística carga contra o conselleiro, ao que lembra o seu deber de "fomentar o galego" .


|

260422 Edcacion InaugraFPInnova MAC 0
Foto: Xunta.gal

 

Esta semana o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, foi un dos encargados de inaugurar o Congreso FP Innova 2026, un acto onde pormenorizou os puntos do novo Plan Innova FP Galicia 2026-2030, trazado pola Xunta de Galicia e onde se expón un investimento de 30 millóns de euros co propósito de poñer "á vangarda" a Formación Profesional galega. Con todo, a súa intervención neste acto público non será tan lembrada polo que dixo o conselleiro, senón por como o dixo ou, mellor dito, a lingua que empregou para facelo.

 

"INCUMPRE O SEU PROPIO DECRETO"

Rodríguez dirixiuse ao auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura en castelán, algo que suscitou críticas por parte da plataforma A Mesa Pola Normalización Lingüística, que afea que sexa precisamente o conselleiro de Educación e nun acto pensado para estudantes o que "incumpra o seu propio decreto"

 

 

"O conselleiro mostra os primeiros resultados da actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia: a Xunta deixa de usar o galego nos actos públicos", ironizan desde a organización en defensa da lingua.

 

260422 Edcacion InaugraFPInnova MAC 1
Foto: Xunta.gal

 

Nesa liña, lembran que o artigo 3 do decreto 79/2010 contempla que "a lingua da administración educativa é o galego" e que, en consecuencia, "fomentarase o seu uso oral e escrito". "A Xunta fomenta o galego deixando de usalo", arremeten desde a organización, que colgou un vídeo nas súas redes sociais do ocorrido durante o acto.

 

 

As reaccións dos internautas non se fixeron esperar e algúns mesmo piden a dimisión do conselleiro e sorpréndense porque ninguén no auditorio lembrase ao mandatario que debía empregar o galego. "Indigno", "patético", "penoso" ou "sen comentarios" foron outras das respostas ao post da Mesa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE