Galicia prepárase para unha semana de agosto realmente desfavorable en canto ao clima. Esta fin de semana espéranse choivas intermitentes en prácitcamente toda a comunidade, algo que tan só será a antesala dunha semana marcada pola inestabilidade atmosférica en toda Galicia ao longo da próxima semana.
A crise do coronavirus tivo unhas consecuencias funestas para o turismo e para os grandes reclamos culturais de Galicia, como é a Catedral de Santiago, que cada ano recibe miles de visitantes procedentes desde distintos puntos do globo e que chegan a través do Camiño de Santiago.
O informe do Consello Interterritorial da Comisión de Saúde Pública de xuño fala de evitar o consumo de tabaco en ambientes comunitarios, pero faio só como recomendación. Con todo, xa hai máis de 81.000 persoas e varios colectivos que reclaman prohibir fumar en terrazas, como case regulou Galicia na práctica coa súa prohibición de fumar a menos de dous metros.
Moi malas cifras hoxe do coronavirus en Galicia. Hai 109 positivos novos. A maioría, 61 procedentes da Coruña, que se achega así ás temidas restricións de mobilidade. A pandemia tamén acelera en Ferrol, con 9 casos máis.
Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten un crecemento constante desde o pasado venres. Esta xornada é unha das peores desde que Galicia afronta esta etapa de repuntes, cunha vintena de novos casos. Só o domingo 26 de xullo, con 21 novos casos, Galicia sufriu un repunte maior. E máis da metade dos novos casos pertencen esta xornada ao área sanitaria da Coruña, que este venres suma once casos máis ás súas cifras. Esta escalada na área herculina levouna a ostentar a dubidosa honra de ser a área sanitaria con máis casos activos de coronavirus, adiantando a Lugo, que se desmarcou hai un mes como a máis afectada por mor do brote da Mariña.
Na Sede dan por feita a saída do ariete uruguaio, ao que buscan ceder a algún club, preferiblemente español, para darlle os minutos que non tivo en Balaídos.
O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía (Pontevedra) izou este mediodía a bandeira amarela na praia de O Preguntoiro para advertir aos usuarios do areal de que se desaconsella o baño de forma temporal.