Dous feridos nun incendio trasladados ao hospital clínico de Santiago
O lume orixinouse na primeira planta, que ardeu por completo, por causas pendentes de determinar e provocou fume no resto das instalacións
Dúas persoas foron evacuadas e, posteriormente, trasladadas ao hospital con problemas respiratorios como consecuencia dun incendio nun bloque de vivendas en Santiago, que calcinou o primeiro piso e provocado fume no resto de plantas.
Varios particulares deron o aviso ao 112 Galicia preto das 10.50 horas deste sábado e alertaron de que saía fume de varias plantas dun edificio situado no barrio de Pontepedriña, nunha localización próxima á Estación Intermodal da ciudad. Entón, xa avisaron da posibilidade de que houbese xente sen poder saír.
Finalmente, dúas persoas e un can tiveron que saír axudadas polos bombeiros a través da escaleira anterior. Segundo aseguran fontes municipais, foron trasladadas en ambulancia con problema respiratorios; pero, en principio, non revestían gravidade. Outras catro saíron do edificio polo seu propio pé.
O lume orixinouse na primeira planta, que ardeu por completo, por causas pendentes de determinar e provocou fume no resto das instalacións. A esta hora, os servizos de extinción xa abandonaron o lugar, dando o lume por apagado.
DISPOSITIVO
Até o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Nacional e Local, Bombeiros de Santiago e Ordes e o GES de Brion.
A activación deste dispositivo prodúcese no marco do conflito laboral dos servizos de extinción da capital galega, que deixaron de facer horas extras para reforzar quendas baixo mínimos debido á falta de pagamento destas. Precisamente, este atraso será obxecto dun pleno extraordinario a próxima semana.
Segundo informaron os bombeiros composteláns a través de Instagram, na quenda deste sábado, o parque conta unicamente con catro efectivos (dous mandos e dous bombeiros), polo que, para actuacións como esta, é necesario pedir apoio aos municipios próximos.
Escribe o teu comentario