As librerías galegas que poden acceder a axudas extraordinarias, lembra o Goberno

A Delegación do Goberno en Galicia lembrou ás librerías galegas que poden solicitar as achegas extraordinarias polas perdas derivadas da pandemia da COVID-19. "Son 4 millóns de euros do Ministerio de Cultura e Deporte para financiar proxectos de adaptación estrutural e mantemento", explica.

|

A Delegación do Goberno en Galicia lembrou ás librerías galegas que poden solicitar as achegas extraordinarias polas perdas derivadas da pandemia da COVID-19. "Son 4 millóns de euros do Ministerio de Cultura e Deporte para financiar proxectos de adaptación estrutural e mantemento", explica.


Interior dunha librería



Nun comunicado, precisa que esta liña de achegas está aberta ata a próxima semana para librerías independentes. Os únicos requisitos nos establecementos xeneralistas son ter máis de 3.000 títulos e nos especializados, máis de 1.500.


Entre os proxectos para financiar poden estar a realización de obras e adaptación física dos establecementos ás novas circunstancias dadas pola crise sanitaria; a adaptación da prestación do servizo ao cliente ás condicións de seguridade sanitaria e a renovación tecnolóxica das entidades que lles permita levar a cabo a venda a través de internet, entre outros.

Ademais, indica que esta medida complementa "outras previas para combater a falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o ingreso mínimo vital".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE