Os visitantes procedentes de Cataluña xa non terán que anotarse na listaxe de comunidades ao chegar a Galicia

A Consellería de Sanidade eliminou á comunidade de Cataluña da listaxe de rexións españolas cuxos viaxeiros deben rexistrarse de forma obrigatoria ao chegar a territorio galego, segundo recóllese nunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) este mércores.

|

A Consellería de Sanidade eliminou á comunidade de Cataluña da listaxe de rexións españolas cuxos viaxeiros deben rexistrarse de forma obrigatoria ao chegar a territorio galego, segundo recóllese nunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) este mércores.


Lavacolla 1



Así, Sanidade actualiza a listaxe de países e de Comunidades Autónomas consideradas de "alta incidencia" de COVID en comparación con Galicia e, teniendo en cuenta a evolución da pandemia, decidiu eliminar desa listaxe a Cataluña. Iso supón que os visitantes procedentes desa rexión xa non están obrigados a rexistrarse ao chegar á comunidade galega nun prazo máximo de 24 horas.


Mantense, con todo, o rexistro obrigatorio para persoas que procedan de Madrid, Aragón, Navarra e País Vasco. Así mesmo, deben cumprimentar ese rexistro os viaxeiros procedentes de calquera país africano, e os que cheguen de certos países do continente americano, entre eles, Arxentina, Brasil, Venezuela ou Estados Unidos.

Na listaxe actualizada por Sanidade, elimínanse algúns países europeos, como Andorra, Bélxica, Croacia ou Rusia, pero mantense a obrigación de rexistro para os visitantes que procedan de Acerbaixán, Illas Feroe e Kósovo. Do mesmo xeito, deberán rexistrarse as persoas que cheguen a Galicia e estivesen nas semanas anteriores en certos países asiáticos, como India, Irán, Iraq, Palestina, Filipinas, Siria, Tailandia ou Vietnam, entre outros.


A Xunta implantou a obrigación de rexistro de visitantes desde finais do mes de xullo e a listaxe de rexións e países considerados de alta incidencia de coronavirus foise actualizando. De feito, o pasado 5 de agosto publicouse unha resolución na que se eliminaba desa listaxe a Portugal e á comunidade autónoma da Rioxa, e incluíase Madrid.

Por outra banda, nas últimas horas tamén se publicaron no DOG as resolucións mediante as que se manteñen as restricións e medidas preventivas na área sanitaria da Coruña, e levántanse na Mariña de Lugo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE