CXT denuncia que Correos ocultou casos positivos nun centro de Santiago; son seis afectados e máis de 80 probas

O sindicato CXT alerta de que hai catro positivos no Centro Postal de Tratamento Automatizado situado nos arredores de Lavacolla, en Santiago, así como 20 persoas en corentena dos 150 traballadores.

|

O sindicato CXT emitiu un comunicado no que denunciba a existencia catro positivos no Centro Postal de Tratamento Automatizado situado nos arredores de Lavacolla, en Santiago, así como 20 persoas en corentena dos 150 traballadores.


Desde o SERGAS confirman a existencia do brote e cifran en seis os afectados. Segundo informa a área sanitaria de Santiago e Barbanza, esta mañá de luns catro profesionais de enfermería desprazáronse a este centro de traballo para realizar probas a 86 traballadores ante a aparición destes positivos.


Un traballador de Correos reparte paquetes e cartas ao comezo do segundo mes do estado de alarma


Nun comunicado, CXT apunta a "alarmante" situación deste centro que distribúe correspondencia e paquetería para todo o noroeste peninsular.


Explica que hai catro positivos confirmados, tres na quenda de noite e un no de tarde, polo que reclama a realización "urxente" de probas PCR a "todo" o persoal do centro.

CXT avisa da "enorme posibilidade" de transmisión interna "descontrolada", polo que pide que se aumenta este brote procédase ao "peche cautelar" do centro de traballo.

"Queremos denunciar tamén que Correos coñecía a situación desde o xoves día 20, data do primeiro positivo confirmado, pero non indicou ao persoal con contactos estreitos ningún tipo de illamento preventivo". Por iso, censura o "apagamento informativo e escurantismo" por parte da compañía.

Así mesmo, o sindicato reclama que haxa medición de temperatura dos empregados, que haxa unha detección de todos os contactos sospeitosos e que se respecten os dous metros de separación entre empregados, porque é unha medida que "non se está cumprindo".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE