A Xunta impulsa a aplicación de novas tecnoloxías no comercio co 'Cheque dixital' e 1,4 millóns

A Xunta recibiu máis de 1.600 solicitudes para recibir axudas do 'Cheque dixital0, unha das liñas para apoiar ao sector do comercio, os autónomos e as pemes, das que aprobou polo momento 300, cunha contía de 1,4 millóns de euros en conxunto.

|

A Xunta recibiu máis de 1.600 solicitudes para recibir axudas do 'Cheque dixital', unha das liñas para apoiar ao sector do comercio, os autónomos e as pemes, das que aprobou polo momento 300, cunha contía de 1,4 millóns de euros en conxunto.


Pemes




Consellería de Economía, Emprego e Industria indicou este domingo nun comunicado que as axudas se convocaron o pasado 19 de xuño e o prazo para solicitalas mantense aberto ata o 30 de setembro.


Están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e contan cun orzamento de 7 millóns de euros. O obxectivo é que o sector do comercio, as pequenas e medianas empresas e os autónomos incorporen as novas tecnoloxías na súa actividade.

As axudas cobren o 80 por cento dos investimentos en proxectos de implementación de tecnoloxías dixitais para adaptarse á situación provocada pola pandemia de COVID-19, como o teletraballo, solucións de conectividade no rural e sistemas de control sanitario e aforo. Os gastos deberán ser dun mínimo de 1.500 e un máximo de 12.000 euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE