Detectan brotes de coronavirus en Muros e Santa Comba con oito e sete afectados respectivamente
Un novo brote atópase activo en Muros (A Coruña) con oito afectados, mentres no municipio coruñés de Santa Comba hai outro de sete membros dunha familia, segundo informa este sábado a área sanitaria de Santiago e Barbanza.
No municipio de Muros rexistráronse o 15 de agosto os primeiros positivos en relación cun cámping, que chegou a alcanzar os 10 afectados. Agora aparece outro brote que suma oito positivos.
En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, explica que estes "estes oito están relacionados entre si", "concentrados en núcleos familiares próximos". Respecto ao outro brote vinculado co cámping, remarca que os infectados "xa non están en Muros e marcháronse aos seus domicilios".
Ademais, a rexedora lembra que se sacou un bando para suprimir actividades en locais municipais ata finais de agosto, así como a suspensión das regatas previstas para esta fin de semana.
Xunto a isto, procédese á "desinfección de rúas, espazos públicos e algún local que, por proximidade, pediuno". Mentres, mantéñense en contacto cos afectados para "axudar no que se poida".
Escribe o teu comentario