Galicia

Os niveis de E.coli e enterococos intestinais nunha vintena de praias galegas obrigan a Sanidade a non recomendar o baño
A Consellería de Sanidade fixo unha recomendación de non bañarse nun total de 21 praias galegas no que vai de mes de agosto debido aos niveis elevados de Escherichia coli e de enterococos intestinais.
Feijóo avoga polo uso obrigatorio das máscaras nos estudantes de Primaria en diante
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, propuxo este mércores que o uso da máscara sexa obrigatorio nas clases por parte dos profesores e os alumnos a partir dos seis anos.
Aumentan a 10 os casos positivos vinculados ao cámping de Muros no que se detectou un brote de COVID-19
O brote de COVID-19 relacionado cun cámping da localidade coruñesa de Muros ascende a dez casos, tras obter resultado positivo outras dúas persoas vinculadas con respecto a este martes, informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza.
O brote de Cedeira deixa novo positivos despois de confirmarse dous casos de coronavirus máis
O brote de COVID-19 detectado no municipio coruñés de Cedeira, na área Sanitaria de Ferrol, aumenta a nove casos positivos, tras sumar dous máis.
Freada do coronavirus na Coruña mentres explota nas áreas de Lugo, Ourense e Santiago de Compostela

Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten dous panoramas totalmente dispares. Por unha banda está a área da Coruña, que pasa de ser unha área con máis de 70 casos ao día aos 39 desta xornada, a cifra máis baixa desde o pasado 11 de agosto. Polo outro, temos ás áreas de Ourense, Lugo e Santiago de Compostela, que viron incrementado notablemente o número de novos positivos nas últimas 24 horas. Os pequenos brotes detectados onte produciron estes saltos.



​O drama das residencias durante a pandemia contado desde dentro: maiores encerrados baixo chave, sós e desatendidos

Un informe de Médicos Sen fronteiras (MSF) recolle a experiencia de 500 centros durante a primeira onda do coronavirus, que golpeo de forma máis sebera se cabe ás residencias de anciáns. 

Un intento de ascenso a unha ladeira "moi pronunciada" foi a causa do accidente de hidroavión en Lobios
O home de 65 anos faleceu mentres era atendido polos servizos de emerxencia e tras saír polo seu propio pé da aeronave
Alerta amarela por ventos fortes e choivas persistentes na Coruña e Pontevedra
As provincias da Coruña e Pontevedra estarán este mércores en alerta amarela debido a un fenómeno meteorolóxico que deixará fortes ventos e choivas no territorio.
Os brotes en Melide, con nove casos, provocan o rastrexo dun milleiro de persoas que poderían dar positivos
A área Sanitaria de Santiago e Barbanza realizará un screening masivo a mil novos de entre 18 e 30 anos de idade tras detectarse dous brotes que suman nove casos no municipio de Melide (A Coruña).
A Xunta quere adherirse á aplicación de rastrexo 'Radar Covid' do Ministerio de Sanidade

A Xunta, mediante a Consellería de Sanidade dirixida por Jesús Vázquez Almuiña, anunciou este martes a súa intención de formar parte da aplicación de rastrexo 'Radar Covid', que pasaría a formar parte do programa piloto do Goberno autonómico. 

Abel Caballero comezará a colocar a iluminación este 19 de agosto, a antesala de "as mellores luces de Nadal do mundo"
O Concello de Vigo iniciará este mércores a instalación da iluminación do Nadal, catro meses antes desa tempada festiva e un mes antes que o Nadal do ano pasado, segundo avanzou en rolda de prensa o rexedor olívico, Abel Caballero.
Dous brotes de coronavirus sen relación en Melide explican a subida na área de Santiago de Compostela
A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou dous brotes no municipio coruñés de Melide con catro e tres casos, que suman sete positivos mentres se segue coa realización de PCR.
Detectan un brote con sete positivos en Cedeira; soben a 16 os casos de coronavirus no campamento de Cerdido
A área Sanitaria de Ferrol detectou un novo brote de COVID-19 no municipio coruñés de Cedeira con sete casos positivos con orixe nun núcleo familiar, mentres que aumentan a 16 os relacionados cun campamento de Cerdido.
As probas elevan a once os usuarios afectados por COVID-19 na residencia de Culleredo
Os casos de infectados polo coronavirus COVID-19 na residencia de anciáns Orpea de Culleredo (A Coruña) aumentaron a 13 ao dar positivo outros tres usuarios, co que son 11 usuarios e dous profesionais os afectados.
Os brotes familiares lastran a evolución da área de Ourense: seis positivos por COVID-19 en Viana do Bolo
O seguimento dos contactos dun caso importado de COVID-19 detectado o domingo pasado no municipio ourensán de Viana do Bolo levou á detección doutros cinco casos dunha mesma unidade familiar.
A choiva e o vento volven marcar a xornada en Galicia, pero o peor virá este mércores
A xornada deste martes estará marcada pola choiva no noroeste e norte peninsular, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET, que espera ceos nubrados ou cubertos aínda que ao longo do día tenderá a despexar no terzo norte peninsular e precipitacións en Galicia e o Pirineo.
Dogmas do soberanismo galego


Uno destes dogmas, seguramente o máis utilizado e que aparece sempre a hora de tratar de explicar o por que de moitos dos problemas que afectan a Galicia, é aquel que se esconde tras a cantilena "a culpa é de Madrid"


Leticia Canles, oito veces campioa nacional, gran ausencia do Pantín Classic de surf tras dar positivo en COVID-19
A surfeira Leticia Canles, oito veces campioa de España, deu positivo por Covid-19 xusto antes de volver á competición tras o confinamento e atópase asintomática, cumprindo o seu segundo día de corentena na residencia de deportistas de Getxo onde vive.
Andrés Suárez prepara a súa actuación no Auditorio Kursaal de San Sebastián este 22 de agosto

O cantautor galego Andrés Suárez actuará este sábado no Auditorio Kursaal de San Sebastián no marco da súa xira #AS2020 onde presentará o seu oitavo disco, titulado 'Andrés Suárez', que viu a luz o pasado 19 de xuño.

Unha nova vitoria de Feijóo en Xénova? Casado "cede" ante a liña moderada e cesa a Álvarez de Toledo como portavoz
Casado formaliza os cambios apenas un mes despois das eleccións galegas, nas que Feijóo revalidou e ampliou a súa maioría absoluta

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE