​Ocultou o Concello do Carballiño casos positivos de coronavirus entre os seus traballadores? Espazo Común denuncia que si

A forza política, con tres edís no consistorio carballiñés, denuncia as malas artes do PSdeG, que goberna a localidade. 


|

A forza política, con tres edís no consistorio carballiñés, denuncia as malas artes do PSdeG, que goberna a localidade.


Desde Espazo Común denuncian que desde a administración local tentáronse tapar os casos positivos descubertos no municipio nos últimos días e compara a xestión desta crise do alcalde Francisco Fumega con homólogos socialistas doutras localidades.


Covid19 pcr



Na nota publicada por Espazo Común fan fincapé nos momentos “extremadamente complexos” nos que vivimos e o papel “fundamental” dos concellos nesta crise. Nesa liña, considera que os gobernos locais “cidadán teñen o deber de controlar o cumprimentos das medidas de protección decretadas e ao mesmo tempo poñer todos os os seus recursos ao dispor da tarefa de garantir a saúde pública”. “Excepto no Carballiño, onde é moi evidente que hai outras prioridades”, denuncian.


Nese sentido, non dubidan en acusar o Goberno carballiñés, do que din estar “afeitos” ao “escurantismo” e á “falsidade e manipulración dos feitos por parte do alcalde Fumega e do seu equipou”, de ser “mezquino e miserable” neste caso.  


“Ao longo da semana pasada houbo un constante devir de noticias sobre un brote de  COVID-19 no Carballiño que conseguiu un número importante de casos, mesmo no persoal de traballadores do propio Concello”, sinalan. “Ao contrario do que fixeron en lugares tamén gobernados polo PSOE como Barbadás ou Monforte, onde inmediatamente fixéronse públicos os  contaxios e publicáronse bandos e informacións demandando á cidadanía extremar precaucións, o goberno carballinés tentou facer ver que non acontecía nada. Nin unha soa noticia, nin unha soa publicación en redes, nada”, lamentan desde Espazo Común.


A continuación, comentan que aínda que si se pecharon instalacións como a de Servizos Sociais para desinfectarla, o goberno local non informou á cidadanía da calusura nin dos motivos da mesma. “Noutras dependencias municipais onde se sabe certamente que houbo presenza dalgún dos infectados negóuselles aos traballadores durante días que fora necesario facer desinfección algunha”, reprochan, ao mesmo tempo que acusan ao Concello dunha conduta “irresponsable” cando os propios socialistas acusan o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, do mesmo.


“Que opinará entón o señor Villarino desta nova contradición co seu amigo o alcalde do Carballiño? Esiximos a  Fumega que se deixe dunha vez de  tacticismo político e de manipulacións e que non xogue con algo tan delicado e que pode ter un custo tan caro para a veciñanza”, esgrimen desde Espazo Común. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE