O Concello de Melón admite un brote de coronavirus na localidade “con varios casos positivos”
Desde o goberno local desexan unha “pronta recuperación” aos afectados e anuncian unha serie de medidas.
Desde o goberno local desexan unha “pronta recuperación” aos afectados e anuncian unha serie de medidas.
Este brote súmase aos de Viana do Bolo e Cortegada declarados onte, con cinco e tres contaxiados respectivamente, aínda que ambos son importados e de carácter familiar.
Desde o Concello de Melón indican que, por mor deste brote, pide que se extremen as medidas de seguridade, tanto no tocante á limpeza e desinfección de mans, como a manter a distancia de seguridade, especialmente con aqueles sectores da poboación máis vulnerables.
Do mesmo xeito, desde o goberno municipal subliñan que se realizará un rastrexo “coas persoas que mantiveron unha estreita relación cos afectados”, así como sobre aqueles que presenten síntomas compatibles coa enfermidade.
“Ante a inquietude que xorde no pobo e a intención de facer probas PCR, unha vez postos en contacto co Centro de Saúde de Quins, dinnos que se farán todas as que se consideren necesarias”, comentan desde o Concello, aínda que recalcan a necesidade de ser cautelosos e esperar un tempo prudencial para garantir a efectividade da PCR.
Escribe o teu comentario