A socialdemocracia galega segue no labirinto

Manoel Barbeitos
Economista

É posible que os cadros e, moi especialmente, os dirixentes da socialdemocracia galega, aínda se estean preguntando como foi posible o resultado do 12J. Como foi posible que, dadas os seus aparentemente ben fundadas expectativas, fose tan decepcionante: 14 deputados e 19,4% dos votos emitidos que os converteron na forza minoritaria do Parlamento galego, algo que sucede por segunda vez na historia da autonomía galega (1997, 2020).


Unha incomprensión que indiscutiblemente ten fundamentos empíricos. Nas eleccións xerais do 2019 o PSdeG-PSOE  foi o segundo partido máis votado en Galicia (31,3% dos votos emitidos). Anteriormente, nas eleccións locais do mesmo ano 2019, este partido conseguiu acumular un gran poder municipal (1.200 concelleiros) co 33% dos votos. Como foi posible entón que con tales precedentes este apoio social non se repetise nas eleccións autonómicas do 12J? Como foi posible que polo camiño (en pouco máis dun ano) perdese máis de 200.000 votos?


Para atopar unha resposta estes dirixentes non deberían buscar nas enciclopedias políticas xa que aquilo é máis sinxela do que parece. Unha resposta que xa se fixo previsible na propia campaña electoral. O PSdeG-PSOE, tanto o seu candidato como a maioría dos seus dirixentes, nunca entenderon ben o escenario político no que se estaban celebrando as eleccións autonómicas. Un escenario, deixando ao carón a pandemia, non moi diferente do das anteriores eleccións autonómicas (2016) aínda que mudasen algúns dos principais actores. Un escenario no que tanto o PSdeG-PSOE como en moita maior medida UP apareceron sempre como actores secundarios cando non mal situados. Estes partidos non foron quen de entender que Galicia, a nivel de política autonómica, fíxose máis soberanista como o confirmarían os cidadáns cos seus votos.


Se o  soberanismo, nas súas diferentes modalidades e tons, foi o guion político da campaña, o PSdeG-PSOE nunca soubo interpretalo, nin sequera foi quen de mostrar un certo ton do mesmo. Velaí que o PP e o BNG, Alberto  N. Feijóo e Ana Pontón, que si souberon, aparecesen como os/as grandes rivais e as primeiras espadas actuando o resto ben como actores secundarios (PSdeG-PSOE) ben como meros extras (UP).


Grave erro que sitúa ao PSdeG-PSOE no escenario político galego nunha posición secundaria como nunca na historia da autonomía galega. Con ademais peores perspectivas que por caso tiña l finais dos anos noventa xa que agora nin Feijóo é Fraga, aquel ten hoxe moito maior percorrido político que tiña este en eses anos nos que xa daba mostras do seu declive físico, nin Ana Pontón é Beiras, a pesar de contar cunha bagaxe intelectual moi inferior xa que, por caso, aquela non ten os problemas partidarios (UPG) que tiña leste.


Esta realidade fai que moi probablemente o futuro do PSdeG-PSOE vaia a depender máis dos erros dos rivais (especialmente do BNG pero tamén do PP) que dos seus propios acertos. Un panorama nada esperanzador porque, ademais, o PSdeG-PSOE ten que saír definitivamente do labirinto no que se embarulla cando se trata das eleccións autonómicas. Ten que demostrarlle aos galegos e galegas que o PSdeG é moito máis que unha sigla, que un reclamo electoral. Que tampouco é unha delegación do goberno cando o PSOE goberna en Madrid. Que é un partido galego quen de disputarlle o campo soberanista non só ao BNG e a UP (no centro esquerda) senón tamén ao PPdeG de Feijoo (no centro) porque este, como resulta indiscutible, non é o PP español. Está claro que antes debe aparecer realmente unido.


Ten catro anos para conseguilo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE