O central cafeteiro foi visto na capital do Turia segundo medios locais, que apuntan a un regreso do defensor a Mestalla.
Os datos do Servizo Galego de Saúde volven evidenciar que aínda que a situación parece ir normalizándose no conxunto de áreas sanitarias galegas, en Pontevedra o escenario segue sendo bastante preocupante.
Esta aparente incapacidade das esquerdas para, por caso, atraer a unha parte do electorado das dereitas, resulta outra das claves fundamentais á hora de explicar o longo dominio conservador que, como subliñei noutros artigos, móvese por encima dos 700.000 votos. Incapacidade que se traslada á abstención.
O coronavirus en Galicia volve hoxe a mostrar unha tendencia lixeiramente á baixa tras o espectacular repunte impulsado polo máis de 100 de positivos na residencia DomusVi Lugo. De feito, Vigo, Santiago e Ourense logran rebaixar hoxe os seus casos activos. Agora ben, os 274 novos positivos detectados en Galicia indican que a epidemia dista bastante de estar controlada.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian, unha xornada máis, a situación crítica que atravesan as áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Lugo, cuxa evolución é alarmante. As dúas áreas manteñen un crecemento alto e constante desde hai xa varios días. En menos dunha semana tanto a área compostelá como área lucense multiplicaron por dúas o número dos seus casos activos.
A inestabilidade no club che, que ten practicamente a todo o seu persoal co cartel de “véndese”, pode reportar pingües beneficios aos vigueses.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que cinco das sete áreas sanitarias galegas crecen hoxe por encima da quincena de novos casos, evidenciando o avance da enfermidade no conxunto da comunidade. Con todo, na área sanitaria de Lugo é onde se aprecia que nestes momentos o ritmo de contaxio é maior, xa que, outra xornada máis, a área da cidade amurallada é a que conta con máis casos novos nas últimas 24 horas.