O presunto autor da morte do seu sobriño de tres anos por asfixia sufriu un brote psicótico, apuntan as primeiras investigacións

O home detido pola morte do seu sobriño de tres anos na noite do luns en Santiago de Compostela permanece hospitalizado baixo custodia policial nun centro sanitario, mentres proseguen as investigacións policiais.

|

O home, de 39 anos e sobre o que non pesan outros delitos, atopábase en tratamento psiquiátrico. Veciños da compostelá rúa Loureiros, onde ocorreu o fatal suceso, apuntan que o detido xa sufrira outros brotes con anterioridade.


Descoñécense polo momento os motivos que impulsaron ao presunto homicida a estrangular ao menor, tal e como sinalan as primeiras investigacións. O home atópase baixo custodia policial e ao longo do día terá lugar a autopsia que determinará a causa final da morte do neno.


IMG 20200921 234709

Rúa Loureiros de Santiago de Compostela


O home detido pola morte do seu sobriño de tres anos na noite do luns en Santiago de Compostela permanece hospitalizado baixo custodia policial nun centro sanitario, mentres proseguen as investigacións policiais.


Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, mantéñense abertas "todas as hipóteses" no marco das pescudas que levan a cabo a Policía Xudicial e a Científica da Comisaría da Policía Nacional de Santiago.

Fuentes consultadas por Europa Press apuntaron que non lle constan antecedentes ao detido en relación á morte do menor, pero sinalaron que está a tratamento psiquiátrico.

De feito, o individuo detido pola morte do seu sobriño de tres anos foi trasladado tras o seu arresto a un centro hospitalario polo seu estado de alteración. Fuentes policiais confirmaron que este martes permanece ingresado no Hospital Provincial "custodiado".

toma de declaración do detido, puntualizaron as mesmas fontes policiais, "dependerá da valoración que fagan os médicos" da situación do individuo.


AUTOPSIA

A alerta do sucedido deuse pouco despois das 20,00 horas deste luns na rúa Loureiros da capital galega e efectivos sanitarios tiveron que prestar asistencia tamén a familiares da vítima mortal, de tres anos.


O presunto autor dos feitos foi detido no lugar e trasladado posteriormente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polo seu estado de alteración. A Policía investiga as circunstancias do suceso e está á espera da autopsia para determinar a causa do falecemento, aínda que os primeiros indicios apuntan a que puido ser por asfixia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE