​Peche do lecer nocturno galego nos seus locais contra a morte do sector e a destrución de empregos

Empresarios e traballadores do lecer nocturno en Galicia, un dos sectores máis castigados pola crise do coronavirus, anuncian unha serie de accións para protestar pola súa situación. 


|

Empresarios e traballadores do lecer nocturno en Galicia, un dos sectores máis castigados pola crise do coronavirus, anuncian unha serie de accións para protestar pola súa situación.


Desde a plataforma ‘Galicia de Noite’ súmanse a estas protestas, baixo o lema ‘INSOMNIO: Quitástesnos o soño’, e que terán lugar este mércores 23 de setembro o a Sala Filomatic da Coruña e Sálgaa Corenta de Vigo a partir das 19 horas.


Lecer nocturno protestas

Protestas contra o peche do lecer nocturno


As protestas están convocadas pola Federación Nacional de Empresarios de Lecer e Espectáculos (España de Noite) e contan co apoio da plataforma #somosocionocturno.


O obxectivo, segundo os organizadores, é denunciar “a pésima xestión política do Goberno de España sobre os a ampliación dos ERTES e a súa resistencia para abordar un Plan de Rescate para garantir a supervivencia económica das pemes, os traballadores e a economía dun sector duramente e inxustamente castigado co peche da súa actividade”.


O peche nas salas, que durará 12 horas, quere poñer sobre a mesa a situación insostible na que se atopan moitos empresarios galegos. As súas estimacións calculan que cerca de 5.000 postos de traballo directos serán destruídos de aquí a finais de ano “e  arruinar o 69,29%  das pemes do sector do lecer e os espectáculos”.


“A falta de 10 días para que finalice o prazo da vixencia dos ERTE, o lecer, a hostalería e os espectáculos, seguen sen ter claras as condicións da ampliación nin que tipo de empresas beneficiaranse e cales quedarán desprotexidas”, denuncian os afectados, que reclaman un plan de rescate para o sector con medidas como a supresión da cota de autónomos e a activación de axudas para o aluguer de locais. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE