Empresarios e traballadores do lecer nocturno en Galicia, un dos sectores máis castigados pola crise do coronavirus, anuncian unha serie de accións para protestar pola súa situación.
Este xoves está programada a celebración dun encontro telemático entre representantes do sector do lecer nocturno coa Xunta de Galicia para achegar as súas inquietudes e propostas en plena crise do coronavirus.
O peche de discotecas e bares de copas anunciado polo Goberno de España como medidas impulsadas por Sanidade na loita contra o coronavirus supón un golpe case mortal para moitos empresarios do sector, que xa viñan sufrindo perdas por un verán negro no plano económico para unha industria que apenas puido remontar o voo desde o fin do estado de alarma.
A sala Inn Club, un dos centros do lecer nocturno coruñés, pecha temporalmente. Faio por responsabilidade, tras contastar que un grupo de clientes non parece disposto a cumprir coa obrigación de levar máscaras e outras medidas contra o coronavirus. Infractores que non son os máis novos, din, senón sobre todo maiores de 30.
A maxistrada entende que o concelleiro compostelán non cometeu "un delito de prevaricación", senón que "procuraba uniformizar e axuntar criterios".