A Xunta pon en marcha unha batería de medidas para rescatar o lecer nocturno

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que se poñerá en marcha un paquete de medidas por case 5 millóns de euros para apoiar ao sector do lecer nocturno da Comunidade ante a pandemia.

|


Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, anunciou este xoves que o seu Goberno xa ten preparado un plan por preto de 5 millóns de euros para apoiar ao sector do lecer nocturno, tan castigado pola pandemia.


As medidas buscan axudar a sufragar os gastors de aluguer dos locais e para manter o emprego no sector. 



Lecer nocturno



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que se poñerá en marcha un paquete de medidas por case 5 millóns de euros para apoiar ao sector do lecer nocturno da Comunidade ante a pandemia.


En primeiro lugar, Feijóo referiuse á convocatoria dunha liña de axudas por valor de 2,2 millóns de euros, para sufragar os gastos de aluguer dos establecementos que se atopen pechados desde o 15 de agosto como consecuencia da decisión tomada polo Ministerio de Sanidade, en coordinación coas comunidades autónomas.

Así mesmo, o contrato de aluguer terá que estar en vigor desde o mes de xaneiro de 2020 e seguir vixente durante o ano posterior á data en que se permita a reapertura.

Feijóo tamén destacou a convocatoria de axudas por 600.000 euros para os establecementos habilitados como salga de concertos, sala de espectáculo ou café concerto, que no pasado 2019 levasen a cabo un mínimo de 15 concertos.

O importe do proxecto presentado deberá ser superior aos 25.000 euros e subvencionarase ata o 80% dos gastos. "E faremos un anticipo de forma inmediata, anticipo que poden utilizar no momento en que se reabra o lecer nocturno", recalcou.


INICIATIVAS PARA MANTER O EMPREGO

Ademais, habilitarase unha liña de axudas para o mantemento do emprego neste sector por 2 millóns de euros, á que se sumarán nas próximas semanas outras iniciativas para facer fronte á covid.

A cuarta medida deste paquete consistirá en "préstamos para o financiamento do capital de explotación a un tipo de interese do 0,2 con tres anos de carencia".

Para concluír, o presidente da Xunta incidiu en que o obxectivo é "paliar a baixada absoluta, ingresos cero, de todo este sector económico de lecer que supón, sen ningunha dúbida, unha parte importante en empregos na Comunidade autónoma".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE