Pecha o Inn Club da Coruña porque algúns clientes, non mozos, incumpren as medidas anti-COVID
A sala Inn Club, un dos centros do lecer nocturno coruñés, pecha temporalmente. Faio por responsabilidade, tras contastar que un grupo de clientes non parece disposto a cumprir coa obrigación de levar máscaras e outras medidas contra o coronavirus. Infractores que non son os máis novos, din, senón sobre todo maiores de 30.
A sala Inn Club, un dos centros do lecer nocturno coruñés, pecha temporalmente "ata novo aviso". Faino por responsabilidade, tras contastar que un grupo de clientes non parece disposto a cumprir coa obrigación de levar máscaras e outras medidas contra o coronavirus. Infractores que non son os máis mozos, din, senón sobre todo maiores de 30.
Imaxe do facebook da sala cando limpiouse para reabrila tras o estado de alarma, en xullo
O establecemento anunciou o peche parcial nas súas redes sociais o luns. Hoxe martes o seu responsable, Luís Diz, queixouse en Radio Coruña sobre un determinado sector de clientes que se salta as medidas de autoprotección.
O empresario, un dos nomes máis importantes do negocio da noite na cidade, destaca tamén que os mozos si tenden a cumprir as normas, algo que non é tan frecuente entre os maiores, tampouco cando así se lles require polos empregados.
O PRAIA E O PELÍCANO SEGUEN ABERTOS
Isto inflúe en que decidise manter abertos outro locais emblemáticos da capital, como o Praia Club ou o Pelícano, frecuentados por clientela de menos idade.
Hai que lembrar que a idade media de os contaxiados rolda agora en España os 37 anos, cando na primavera era de máis de 60 anos. Tamén que a comarca da Coruña está a sufrir un rebrote, con uns 50 contaxiados no rebrote de Meicende (Arteixo) e 150 en toda a área sanitaria.
Escribe o teu comentario