Ferrol

Militares reclaman a súa inserción laboral cando cumpren 45 e van "á rúa"

A normativa contempla que Defensa debe formar os traballadores e realizar convenios con empresas e outras administracións para cando rematen o seu paso polas Forzas Armadas.

Jorge Suárez: "Canto máis nos golpeen, máis reforzados estamos"

O alcalde de Ferrol asegura que se non logra aprobar os orzamentos recorrerá a unha cuestión de confianza. Defende o contrato de Navantia con Arabia Saudita, aínda que estea en contra do réxime.

Viaqua xestionará os interceptores da marxe dereita da ría de Ferrol

A empresa resultou gañadora do concurso convocado por ACUAES. As instalacións recollen os vertidos de Ferrol e Narón para ser enviados á depuradora.

Localizan no seu coche en Cedeira o mozo desaparecido en Ferrol

Atopábase en bo estado, pero trasladárono ao hospital para un recoñecemento médico. Volveu a casa ao recibir a alta.

Buscan un mozo de 26 anos que falta do seu domicilio de Ferrol desde o sábado

Tampouco foi localizado o seu vehículo, un Ford Festa de cor vermella, que leva no medio do capó un adhesivo de 'Cadea Dial'.

O mal tempo obriga a suspender a procura do home desaparecido en Ferrol

O operativo coordinado por Salvamento Marítimo non pode continuar pola alerta por ondas de ata oito metros.

Continúa a procura do home desaparecido en Ferrol tras saír pescar

O operativo céntrase na contorna de Cabo Prioriño e nas proximidades do porto exterior

Xulgan ao delegado da CIG de Ferrol acusado de ultraxar a bandeira española

O representante sindical nega que pronunciara as palabras que se lle atribúen: "Esa puta bandeira ímola queimar"

O alcalde de Marinaleda apadriña en Ferrol o nacemento da Plataforma Social Galega

Jorge Suárez recibe "nun acto oficial" a Sánchez Gordillo. Boa parte dos integrantes deste novo colectivo proveñen de Podemos na comarca de Ferrolterra.

Ingresada unha profesora de infantil de Ferrol con meninxite

Sanidade di que se trata dun "caso illado" e a dirección do centro asegura que "está descartado a virulencia e gravidade" dun brote.

Un mexilloeiro atracado afunde en Ferrol e provoca unha vertedura no porto

Afundiu de madrugada, sen tripulación. A zona foi cercada con barreiras anticontaminación para absorber o combustible.

O comité de Navantia Ferrol acusa ao actual presidente de ser "o cancro" da compañía

O comité de empresa afirma que Revuelta segue no cargo ou ben por 'enchufismo' ou porque segue directrices do PP para acabar coa compañía pública. 

O goberno de Ferrol quere recuperar dúas dedicacións exclusivas retiradas

PP e PSOE aprobaron a limitación. Agora, cinco edís demandan no xulgado que se impugne ese acordo plenario.

Suárez espera non recorrer á cuestión de confianza para aprobar os orzamentos

O alcalde non quixo fixar unha data pero asegura que é "fundamental" o telos aprobados neste primeiro trimestre

Suspendido o xuízo para desafiuzar unha familia de Ferrol con cinco fillos menores de dez anos

O concello e a Xunta comprometéronse a adxudicarlles unha vivenda, debido á súa situación de vulnerabilidade.

Retiran a distinción de ferrolán do ano a José Luis Pego, exdirectivo de NCG

Na mesma sesión do pleno tamén se fixo efectiva a renuncia de Guillermo Evia como edil do grupo municipal do Partido Popular.

Chega ao BOE a licitación de dous contratos da conexión de tren co porto exterior de Ferrol

Trátase da asistencia técnica para a dirección e asesoría ambiental e para o control de materiais.

O Sergas espera que o pico da gripe finalice a semana que vén

Galicia aínda se atopa baixo a onda epidémica da gripe, aínda que esta semana está a aumentar dunha maneira "máis lixeira". 

A Galería Sargadelos de Ferrol vende unha soa obra na poxa de 97 pezas por liquidación

Tan só logrou vender un lenzo do que é autor Pablo López Blanco, 'Shock', por un valor de 50 euros, o seu prezo de saída.

Un condutor bébedo intenta agredir en Ferrol os policías que lle deron o alto​

Unha patrulla viuno de madrugada circulando por dirección prohibida e de forma temeraria. Cando lle deron o alto deuse á fuga ata que outra patrulla lle cortou o paso.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE