Chega ao BOE a licitación de dous contratos da conexión de tren co porto exterior de Ferrol

Trátase da asistencia técnica para a dirección e asesoría ambiental e para o control de materiais.


|

Trenvias


O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este luns a licitación de dous contratos para as obras de acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol por valor de máis de 1,58 millóns de euros.


Segundo a publicación do BOE, recollida por Europa Press, por un parte publícase o anuncio da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao de licitación para a adxudicación da 'Asistencia técnica para a dirección e asesoría ambiental das obras de Acceso Ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol'.


Neste caso, trátase da asistencia técnica para a dirección e asesoría ambiental das obras de acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol cun valor estimado do contrato de 584.290 euros e un orzamento de licitación por importe total de 706.990,9 euros.


O prazo de execución e entrega será de 46 meses. A presentación de ofertas deberá facerse ata as 14,00 horas do 16 de febreiro de 2017.


Por outra banda, o BOE publica o anuncio da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao de licitación para a adxudicación de de a 'Asistencia técnica para o control de materiais e ensaios da obra: Acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol'.


Neste caso o prazo de execución tamén será de 46 meses e o valor estimado do contrato sitúase en 1.004.479 euros, cun orzamento basee de licitación por importe total de 1.215.419,59 euros.


O prazo de presentación de ofertas ou solicitudes de participación será ata as 14,00 horas do 16 de febreiro de 2017.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE