O mal tempo obriga a suspender a procura do home desaparecido en Ferrol
O operativo coordinado por Salvamento Marítimo non pode continuar pola alerta por ondas de ata oito metros.
As malas condicións do mar impediron renovar este luns os labores de procura do home de 68 anos desparecido desde o pasado xoves en Ferrol, cando saíu a pescar.
Segundo confirmaron fontes municipais e de Salvamento Marítimo, o operativo foi suspendido por mor das malas condicións do mar e da alerta por ondada na zona.
Efectivos de emerxencias, coordinados por Salvamento Marítimo, buscan desde o venres o home na zona entre Cabo Prior, onde foi localizado o seu vehículo, e o Porto Exterior, sen que polo momento desen resultado as pescudas por terra, mar e aire.
Veciños do home, orixinario de Fene, deron a voz de alarma ao CAE-112 Galicia sobre as 12,40 horas do pasado venres, cando constataron que o home non regresara de pescar --unha actividade que fora realizar o xoves--. O seu vehículo e os útiles de pesca foron localizados en Cabo Prior.
Escribe o teu comentario