Un condutor bébedo intenta agredir en Ferrol os policías que lle deron o alto​

|

Cochepersecucion


A Policía Local de Ferrol detivo esta fin de semana un home de 22 anos, veciño da cidade, que foi sorprendido "en severo estado de embriaguez" e conducindo de forma temeraria, tras o que se deu á fuga e tratou de agredir aos axentes.


Segundo informaron desde o Concello de Ferrol, o suceso ocorreu sobre as 2,00 horas da madrugada do sábado, cando unha patrulla observou como o vehículo que conducía o mozo realizaba unha manobra prohibida na intersección das rúas Terra e Igrexa, coa intención de acceder ao sentido contrario de circulación.


Tras seguilo un traxecto, os axentes comprobaron como o home circulaba de forma "temeraria" e non facía caso dos sinais de Stop que regulan as interseccións, obrigando os outros condutores a frear "bruscamente" e a "modificar a súa traxectoria para non chocar con el".


Ante esta situación, a Policía Local procedeu a darlle o alto, momento no que o mozo "emprendeu a fuxida ao volante cara á rúa Irmandiños", onde outra patrulla policial lle bloqueou o paso.


Con todo, o home respondeu entón de forma "agresiva" contra os axentes, que tiveron que sacalo do vehículo "pola forza" para proceder á súa detención e poñelo a disposición xudicial. O mozo circulaba cunha taxa de alcol superior a 60mg/l en sangue.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress