empresas

​Google elixe a Galiciapress para o seu programa de impulso á prensa local entre 12.000 candidatos

O xigante da internet puxo en valor a aposta deste medio polas noticias propias sobre o coronavirus, que se viu recompensada tanto polo premio de Google como pola fidelidade da audiencia. 

O teletraballo debe ser unha solución ou un avance, non "unha forma de abaratar custos", defende a ministra Yolanda Díaz
A Ministra de Traballo mostrou a súa satisfacción tras a primeira reunión celebrada coa patronal e sindicatos
Siemens Gamesa asegura unha importante carga de traballo cun pedido de aeroxeradores para Holanda
Siemens Gamesa recibiu un pedido firme para a subministración de aeroxeradores en Holanda cunha potencia total de 1,5 GW, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Aprazado ata agosto o traslado dos equipos que ían ser retirados da térmica das Pontes
Endesa decidiu aprazar ata agosto o traslado dos equipos que pretendía retirar da central térmica das Pontes (A Coruña), concretamente dúas bombas de recirculación da desulfuradora non finalizada, e que corresponden aos grupos tres e catro, tras paralizar a súa construción.
​Enxeñeiros industriais de Galicia recoñecen o traballo de Naturgy polo seu proxecto ‘Unidade Mixta Gas Natural Renovable’

A enerxética impulsa o proxecto con Energy Lab e a participación da EDAR Bens S.A., empresa pública supramunicipal que presta servizo na área metropolitana da Coruña. 

Viaqua premia ao Colexio Santa María de Ourense polo esforzo de docentes e alumnas durante a pandemia

Tanto Viaqua como a Fundación Aquae mostraron o seu recoñecemento nun encontro virtual onde puxeron o valor o traballo de alumnas, docentes e familias durante o primeiro curso de Aquae STEM.

Alcoa anuncia para o 25 de xuño o proceso formal de consulta para o ERE sen esperar á celebración da mesa multilateral

O anuncio da empresa estadounidense ha espertado as críticas do comité de empresa da planta lucense, que cargou contra a compañía pola súa "falta de vontade" á hora de buscar solucións. 

​A primeira pop-up store de New Balance en Galicia abre as súas postas en The Style Outlets

A superficie comercial herculina anuncia a inauguración da primeira tenda deste tipo da marca estadounidense.

Dispositivo español xa é utilizado nos hospitais de Wuhan contra virus


A empresa barcelonesa Airtècnics desenvolveu un dispositivo de desinfección que promete ser unha das ferramentas que marquen a diferenza na loita contra a propagación da enfermidade. Polo menos nun hospital de Wunhan xa o está utilizando.

Australia asegura a Navantia Ferrol o mantemento dos seus barcos actuais ou futuros nos seus estaleiros
A presidenta da compañía destaca que supón un "importante fito na longa relación de confianza que Navantia mantén con Australia"
​“Alcoa San Cibrao seguirá funcionado como cando era pública e super rendible", afirma o presidente do comité de empresa

Un salto atrás de medio século. Así resume o comité de empresa da planta de San Cibrao a delicada situación de Alcoa, que ameaza non só ao Concello de Cervo, senón a toda unha provincia. O peche da planta supoñería un golpe mortal á economía de Lugo, tal e como destaca José Antonio Zan, presidente do comité de empresa da planta lucense que conversou esta mañá con Galiciapress

Alcoa confirma o peche parcial da súa planta de San Cibrao coa destrución de 534 empregos na produción de aluminio
Alcoa comunicou este xoves que abre un período informal de consultas polo despedimento colectivo de 534 empregados da súa planta de aluminio primario de San Cibrao, no municipio de Cervo (Lugo), debido á súa produción "ineficiente".
Unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar a roupa en segundos, ideada por unha empresa galega
A empresa galega GTG Enxeñeiros, especializada en Seguridade Industrial, presentou este mércores unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar pezas de roupa en menos dun minuto, un sistema deseñado para desinfectar roupa en establecementos comerciais.
O comité de Alu Ibérica presiona ao Goberno para que despexe as dúbidas que rodean á venda das plantas
Os traballadores reclaman a "intervención" das plantas e o conselleiro de Economía demanda ao Estado un prezo de enerxía estable
“Inditex imponme horario para abandonar ao meu fillo”: algunhas empregadas de Inditex protestan contra cambios asinados por UXT e CCOO

O acordo, que inclúe unha "nova organización de quendas",  indica que estamos ante "medidas excepcionais", que están supeditadas á finalización do desconfinamiento. EMPREGADA DENUNCIA “REPRESIÓN POLICIAL”Segundo o sindicato nacionalista CIG o que en verdade pretende o grupo é" aforrar diñeiro evitando ter que contratar persoal temporal para cubrir baixas e vacacións xa que non respectan nin os descansos do sábado nin cumpren os descansos semanais” Estes empregados cren que a imaxe que se dá de Inditex non se corresponde coa realidade que soportan os persoais.

Así son as novas normas das tendas de Ikea, que xa reabre na Coruña

A compañía sueca cancela o ERTE para o seu persoal e lanza novas normas nas súas tendas, como o fin da súa emblemática bolsa amarela e controis de temperatura

​Todo listo para que ‘The Style Outlets’ abra as súas portas este luns na Coruña

Nesa liña, tamén expoñen que acometeron reforzos na seguridade e no persoal de limpeza “para garantir a constante desinfección do centro, especialmente nas zonas máis sensibles como os aseos, zonas comúns ou sala de lactación, entre outros”.

Fin aos piquetes en Navantia Ferrol, pero o comité de empresa "vixiará" para que se cumpra o protocolo
Adoptou a decisión tras manter varios encontros coa dirección e entre os propios sindicatos
​Torre de Núñez garante a protección a miles de nenos e nenas coa súa colaboración con UNICEF

A empresa cárnica galega puxo en marcha unha iniciativa xunto á axencia das Nacións Unidas “co fin de paliar os efectos que a crise do coronavirus pode ter sobre a infancia”. 

"Navantia non cumpre o protocolo de seguridade": piquetes á entrada do estaleiro para bloquear a actividade
Integrantes do comité de empresa de Navantia Ferrol colocáronse desde primeira hora da mañá deste mércores, 20 de maio, ante as dúas portas do estaleiro e impediron o acceso dos operarios para denunciar que non se cumpre o protocolo de seguridade.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE