​Enxeñeiros industriais de Galicia recoñecen o traballo de Naturgy polo seu proxecto ‘Unidade Mixta Gas Natural Renovable’

A enerxética impulsa o proxecto con Energy Lab e a participación da EDAR Bens S.A., empresa pública supramunicipal que presta servizo na área metropolitana da Coruña. 


|

A enerxética impulsa o proxecto con Energy Lab e a participación da EDAR Bens S.A., empresa pública supramunicipal que presta servizo na área metropolitana da Coruña.


Trátase dun proxecto piloto para xerar biometano a partir de biogás procedente da depuración de augas residuais. Nese sentido conta con “dúas liñas priotiarias de traballo”, como son o uso do gas renovable como combustible de mobilidade sostible e a súa inxección a rede.


Bus Biometano




Este traballo xa logrou o funcionamento dun autobús de liña regular durante case 100.000 quilómetros e as estimacións calculan que coa produción só da EDAR Bens S.A. “poderíanse cubrir as necesidades enerxéticas anuais de preto de 2.800 vivendas” ou abastecer de combustible a 60 autobuses urbanos.



Esta expericencia foi recoñecida por os Premios Galicia de Enerxía, concedidos pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG), en colaboración co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), e que premia cada ano "ás mellores traxectorias e proxectos no fomento e implantación de boas prácticas no campo da enerxía, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades".


A Unidade Mixta de Gas Renovable é un proxecto conxunto de Naturgy, o Centro Tecnolóxico EnergyLab e Edar Bens S.A., e conta co financiamento da Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 e está cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia”, subliñan desde Naturgy.


Na mesma liña, a enerxética recalca a importancia de contar co gas natural renovable como unha alternativa para loitar contra o cambio climático. “O gas renovable é unha enerxía que se obtén de residuos orgánicos e que pode ser transportada facilmente, o que permite usala en zonas afastadas da zona de produción. Ademais, o gas natural renovable poderá contribuír á descarbonización do sector de mobilidade”, sostén Naturgy. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE