A primeira pop-up store de New Balance en Galicia abre as súas postas en The Style Outlets
A superficie comercial herculina anuncia a inauguración da primeira tenda deste tipo da marca estadounidense.
A superficie comercial herculina anuncia a inauguración da primeira tenda deste tipo da marca estadounidense.
A firma deportiva desembarca en Galicia por primeira vez e faio no centro The Style Outlets da Coruña. A pop-up store de New Balance abre as súas portas na superficie comercial coruñesa para que todos os amantes da marca poidan ver todos os produtos que lle ofrece.
Tal e como reflicte o comunicado de The Style Outlets, a tenda conta con artigos tanto para home como para muller, ademais de roupa para os máis pequenos. “Ademais, ofrecerá produtos tan icónicos como as New Balance 574, o modelo máis popular da marca que, despois de tres décadas de vida, segue arrasando por igual entre os apaixonados da moda e do calzado deportivo”, advirte a nota.
Doutra banda, a tenda de New Balance contará, do mesmo xeito que o resto de establecementos do complexo desde a súa reapertura, con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para garantir a protección dos clientes e empregados.
“Con esta inauguración, Coruña The Style Outlets reforza a súa oferta deportiva e engade New Balance a outras grandes firmas desta categoría como Nike, Puma e Adidas xa presentes no centro. Ademais, o centro outlet reafirma o seu compromiso por achegar aos galegos unha oferta exclusiva de marcas únicas na rexión como Desigual, Barbour, Tempe Grupo Inditex For & From ou Skechers”, sosteñen desde márcaa líder de outlets.
Escribe o teu comentario